Apalpador 2025
Onte o Apalpador baixou de O Courel para visitar todo o cole do C.P. Padre Feijóo, despois de recibir unha carta de @anpa_airina_allariz convidándoo a baixar ao colexio 💌 Viña con tanto frío que tivemos que abrazalo para que entrase en calor 🤍❄️ O burriño non puido baixar, estaba coxo. Quedou tan contento que xa prometeu volver o ano que vén 😊 Grazas, Apalpador… volve á montaña ⛰️💫