Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Contos de nenas grandes e pequenas

Imaxe
Continuamos desenvolvendo as actividades do Allariz con Igualdade. Esta vez organizamos unha actuación de teatro na Casa da Cultura no Concello de Allariz o vindeiro domingo 8 de novembro a cargo de Tropa de Trapo .  A proposta da compañía de teatro é contar contos nos que as nenas sexan as protagonistas e saian dos papeis secundarios, para que as nenas e os nenos comprendan que outra realidade é posible. A entrada é de balde ata completar aforo. Podedes pasar a recoller as vosas entradas na Casa da Cultura dende o vindeiro luns 2 ata o venres 6. Debido á situación actual, o aforo estará limitado e cumprirase con tódalas medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.  

Comeza a Semana da muller na ciencia

Imaxe
Esta semana comeza a semana da muller na ciencia no CEIP Padre Feijoo. As nenas e nenos de Infantil e Primaria descubrirán a ciencia da man de As Curuxas, aula das ciencias   e coñecerán o papel da muller na ciencia. Os obxectivos desta actividade son: Descubrir o papel da muller na sociedade e en particular na ciencia. Eliminar prexuízos entorno ó xénero. Dar referentes femininos de mulleres científicas ás nenas. As actividades vanse desenvolver nas instalacións do colexio, e están dirixidas a todo o alumnado agás o primeiro curso de infantil. As actividades foron deseñadas especificamente para cada un dos niveis educativos do colexio. As actividades desenrolaranse durante os días 12,13, 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro. Esperamos que esta actividade axude a lograr unha maior participación das nenas na ciencia, dándolles referentes de mulleres científicas. 👩‍⚕️👩‍🔬🧬🦠🧫🧪  

Contacontos para as nenas e nenos de infantil

Imaxe
 Seguindo coas actividades do programa #Allariz con #Igualdade, o vindeiro martes 27 de outubro visitará o cole de infantil Caxoto Díaz Valle coa súa función Contos vellos, novos finais. Será na aula de usos múltiples en tres sesións, unha por cada aula. Na Trastenda dos Contos levan anos traballando contidos relativos á igualdade. Con cada conto busca rachar un estereotipo de xénero, fomentar a coeducación e normalizar entre as vindeiras xeracións a igualdade. Baixo o nome “Contos vellos novos finais” recolle varias propostas para traballar arredor da igualdade.

Comezo da Semana da muller no arte

Imaxe
Mañá comezan as actividades do programa #Allariz con #Igualdade coa Semana da #muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas , impartida por Fatiropina Teopía . A actividade vai dirixida a tólodos cursos de primaria e realizarase dende mañá día 20 ata o vindeiro 30 de outubro, e consiste amosarlles as obras das Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Coñecerán as seguintes artistas: Remedios Varo , Georgia O’Keeffe , Maruja Mallo e Menchu Lamas , así coma as súas técnicas. Tamén se inclúe unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.  

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Imaxe
 Unha vez organizadas as actividades en conxunto co profesorado do colexio, xa temos datas pechadas para realizalas. Tódalas actividades desenrolaranse cumprindo as normas hixienico-sanitarias que require a situación na que nos atopamos, co fin de manter o illamento dos grupos estables de convivencia do colexio.  As actividades que se van desenrolar no colexio son as seguintes: 1. “Semana da muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas" , dirixida ó alumnado de primaria. Esta actividade consistirá en amosarlles as obras das grandes artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan só ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Inclúese unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado. As artistas que se abordarán para o estudi