Contos de nenas grandes e pequenas

Continuamos desenvolvendo as actividades do Allariz con Igualdade. Esta vez organizamos unha actuación de teatro na Casa da Cultura no Concello de Allariz o vindeiro domingo 8 de novembro a cargo de Tropa de Trapo

A proposta da compañía de teatro é contar contos nos que as nenas sexan as protagonistas e saian dos papeis secundarios, para que as nenas e os nenos comprendan que outra realidade é posible.

A entrada é de balde ata completar aforo. Podedes pasar a recoller as vosas entradas na Casa da Cultura dende o vindeiro luns 2 ata o venres 6.

Debido á situación actual, o aforo estará limitado e cumprirase con tódalas medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024