Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

A xunta directiva da ANPA convoca a celebración dunha asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro xoves día 23 de xaneiro ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda, no comedor do colexio Padre Feijoo de Allariz.

A asemblea está aberta a tódalas familias que queiran participar e/ou teñan algo que aportar.

A orde do día será a seguinte:

  1. Benvida ás familias asociadas e reparto dos carnés.
  2. Resumo das actividades desenvolvidas no primeiro trimestre do curso.
  3. Proposta de integración na Federación Provincial de ANPAs Públicas de Ourense “As Burgas”, e aprobación se é oportuno.
  4. Proposta de actividades e definición do programa xeral de actuación, de aquí ó vindeiro curso.
  5. Situación do comedor do colexio e proposta de actuacións.
  6. Información sobre o Consello Escolar do vindeiro 28 de xaneiro e definición da postura da ANPA nos temas a tratar.
  7. Rogos e preguntas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024