Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020

Manifesto da Confederación de ANPAS Galegas para o inicio do curso 2020-21

  A Confederación ANPAS Galegas publicou un manifesto para o vindeiro inicio de curso. Tras leelo detidamente, dende a directiva da ANPA Airiña coincidimos coas súas principais esixencias e sumámonos á petición lexítima dunha volta segura ás aulas . Recomendámosvos a súa lectura. Podedes consultar o manifesto completo na súa páxina web . A continuación deixámosvos o resumo das súas esixencias. - A volta presencial ás aulas, pero segura e responsábel, de non ser así, exerceremos o noso dereito a sermos as defensoras últimas da seguridade das nosas fillas e fillos, sen límites . - Un plan de acollida emocional ao alumnado que inclúa o fornecemento de formación e medios ao profesorado, equipas directivas e persoal non docente. - A reorganización , formal e homoxénea en todo o territorio galego, dos currículos das materias deste curso 2020-2021 , reducíndoos para que poidan incorporar todos os contidos do 3º trimestre do curso pasado. - A posta en marcha inmedi