Restableceuse o prazo de matrícula para o novo alumnado do curso 2020/21. O prazo de presentación das solicitudes será do 11 ó 18 de maio e poderánse entregar no centro en horario de 10h a 13h. Dada a situación na que nos atopamos, deberá vir ao colexio só unha persoa por solicitude. Este prazo é só para novo alumnado, o que xa cursa estudios no centro non precisa facela. Aquí vos deixamos os datos de contacto do colexio: CEIP Padre Feijoo Allariz Estrada de Xunqueira s/n 32660 - Allariz Ourense Teléfono/Fax 988 44 08 25 ceip.padre.feijoo@edu.xunta.es
Estimados socios e socias, Estamos moi gustosos de anunciar que onte, martes de Entroido, fomos quen de recoller o ¡¡ primeiro premio de comparsa no noso pobo!! Agracedemos a colaboración e participación dos socios e socias que participaron nesta festa cos seus nenos e nenas, e esperamos que este sea o empuxonciño para que o ano que ven se unan mais familias socias á nosa festa. Aquí vos deixamos unha foto do grupo, e o enlace ó xornal La Región onde fixeron unha galería cas fotos do Entroido en Allariz.
QUE É A ANPA? A ANPA é unha asociación de nais e pais de alumnos, cuxo obxectivo é colaborar co colexio -no noso caso o CEIP Padre Feijoo de Allariz- para conseguir melloras curso a curso. Co gallo de acadar este propósito a ANPA necesita da colaboración das nais e pais dos alumnos que cursan estudos no colexio, erixíndose como un canal de comunicación entre as nais ou pais e a comunidade educativa. RAZÓNS PARA ASOCIARSE A UNHA ANPA Porque a responsabilidade de educar ás nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación. Porque as iniciativas e peticións dun grupo de famílias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc. Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar. Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA, para defender os interesses de tódalas famílias e non soamente os individuais. Porque s...