Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta machismo

Actividades destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres

  O pasado día 11 de febreiro publicouse no DOGA a resolución que rexe as axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Podedes consultar o texto completo da resolución neste enlace . Con esta resolución concédense subvencións de ata 3000 € para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa. Dende a directiva da ANPA queremos que as familias interesadas participen e propoñan actividades que poidan ser subvencionables e sexan de interese para tod@s. Por eso vos animamos a envialas canto antes para axilizar a presentación da solicitude en prazo. A modo de resumo, e tal como se recolle no texto da resolución, poderán ser obxecto de subvención ao abei...

Actividade informativa do programa: ALLARIZ CON IGUALDADE

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa deseñado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz para realizar durante o ano 2020, e que se desenrolou gracias ó financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia . Organizamos diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e as súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos. Dende a directiva da ANPA Airiña planificamos as actividades en colaboración co profesorado do centro e coa Área de Igualdade do Concello de Allariz co fin de acadar os seguintes obxectivos: Promover a igualdade...

En Negro Contra as Violencias

Imaxe
  Dende a directiva da ANPA Airiña decidimos unirnos un ano máis á campaña En Negro Contra As Violencias . A continuación reproducimos o Manifesto desta 6º edición. Manifesto 25 de novembro de 2020 Este ano vai quedar marcado para a nosa memoria como o ano da COVID-19, pero, sen dúbida, tamén por moitas mulleres será recordado como o ano no que tivemos que facer un esforzo adicional, exercendo, aínda que non o foramos, de ensinantes, psicólogas, coidadoras…. Este aumento na carga de coidados, unido á interrupción das redes sociais próximas, creou unha maior situación de tensión no fogar, o que elevou a posibilidade de aumento de risco das violencias. A Organización Mundial da Saúde (OMS) amosou así a súa preocupación polo incremento global da violencia de xénero e intrafamiliar durante esta crise sanitaria e instou os países para adoptar medidas urxentes de prevención e asistencia ás vítimas, e en particular ás que sofren violencia por parte da súa parella, como un servizo esencial...

Obradoiro para as familias "Somos un mundo!"

Imaxe
Para rematar o programa Allariz con Igualdade, organizamos coa colaboración do Concello de Allariz o obradoiro para familias " Somos un mundo! a diversidade e a comunicación como aliadas para a convivencia e o manexo dos conflictos ", facilitado por Beatriz Pirês Fernández.  Trátase dun obradoiro teórico e práctico co fin de acadar os seguintes obxectivos: facilitar un espazo para a reflexión sobre a diversidade presente nas persoas, achegar algunha ferramenta comunicativa para manexar os conflitos, promover un espazo para pensar sobre o conflito e a nosa relación co mesmo e achegar nocións que facilitan a comprensión das diferenzas como valor para a posta en práctica da igualdade. Será o vindeiro 26 de novembro no Fogar dos Maiores, de 18h a 20h. A entrada será gratuita pero, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o aforo estará limitado e soamente se poderá asistir reservando praza no número de teléfono 988 554 059.  

Contos de nenas grandes e pequenas

Imaxe
Continuamos desenvolvendo as actividades do Allariz con Igualdade. Esta vez organizamos unha actuación de teatro na Casa da Cultura no Concello de Allariz o vindeiro domingo 8 de novembro a cargo de Tropa de Trapo .  A proposta da compañía de teatro é contar contos nos que as nenas sexan as protagonistas e saian dos papeis secundarios, para que as nenas e os nenos comprendan que outra realidade é posible. A entrada é de balde ata completar aforo. Podedes pasar a recoller as vosas entradas na Casa da Cultura dende o vindeiro luns 2 ata o venres 6. Debido á situación actual, o aforo estará limitado e cumprirase con tódalas medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.  

Contacontos para as nenas e nenos de infantil

Imaxe
 Seguindo coas actividades do programa #Allariz con #Igualdade, o vindeiro martes 27 de outubro visitará o cole de infantil Caxoto Díaz Valle coa súa función Contos vellos, novos finais. Será na aula de usos múltiples en tres sesións, unha por cada aula. Na Trastenda dos Contos levan anos traballando contidos relativos á igualdade. Con cada conto busca rachar un estereotipo de xénero, fomentar a coeducación e normalizar entre as vindeiras xeracións a igualdade. Baixo o nome “Contos vellos novos finais” recolle varias propostas para traballar arredor da igualdade.

Comezo da Semana da muller no arte

Imaxe
Mañá comezan as actividades do programa #Allariz con #Igualdade coa Semana da #muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas , impartida por Fatiropina Teopía . A actividade vai dirixida a tólodos cursos de primaria e realizarase dende mañá día 20 ata o vindeiro 30 de outubro, e consiste amosarlles as obras das Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Coñecerán as seguintes artistas: Remedios Varo , Georgia O’Keeffe , Maruja Mallo e Menchu Lamas , así coma as súas técnicas. Tamén se inclúe unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.