Actividade informativa do programa: ALLARIZ CON IGUALDADE

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa deseñado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz para realizar durante o ano 2020, e que se desenrolou gracias ó financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

Organizamos diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e as súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos.

Dende a directiva da ANPA Airiña planificamos as actividades en colaboración co profesorado do centro e coa Área de Igualdade do Concello de Allariz co fin de acadar os seguintes obxectivos:

  • Promover a igualdade de xénero.
  • Loitar contra a violencia de xénero.
  • Erradicar os estereotipos.

As actividades desenvolvéronse extremando as precaucións debido á situación sanitaria na que nos atopamos e tomando tódalas medidas hixiénico-sanitarias precisas, seguindo ás recomendacións das autoridades sanitarias en colaboración co Centro e co Concello.

A continuación descríbense as actividades desenvolvidas, por orde cronolóxico:

  1. Actividade de contacontos dirixida ó alumando de 6º de infantil: “Contos vellos novos finais (Contos de igualdade)”, a cargo da Trastenda dos Contos (Caxoto Contacontos). Levouse a cabo o pasado día 27 de outubro no edificio de infantil, na aula de usos múltiples en tres sesións, unha por cada aula.

    Na Trastenda dos Contos levan anos traballando contidos relativos á igualdade. Con cada conto busca rachar un estereotipo de xénero, fomentar a coeducación e normalizar entre as vindeiras xeracións a igualdade. Baixo o nome “Contos vellos novos finais” recollen varias propostas para traballar arredor da igualdade.

  2. Actividade “Semana da muller na arte: Xogando a pequenas grandes artistas”, dirixida a todo o alumnado de primaria. Esta actividade consistiu en amosarlles as obras das Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos.

    Presentáronselles as seguintes artistas: Remedios Varo, Georgia O’Keeffe, Maruja Mallo e Menchu Lamas, así coma as súas técnicas. Tamén se incluíu unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.

    Desenrolouse durante os días 20, 22, 23, 29 e 30 do mes de outubro.

  3. Actividade de contacontos “Contos de nenas grandes e pequenas”, a cargo da compañía Tropa de Trapo, dirixida a tódalas familias e público infantil da comunidade educativa e da contorna.

    Esta actividade desenvolveuse coa colaboración do Concello de Allariz, na Casa da Cultura da vila. A proposta da compañía de teatro é contar contos nos que as nenas sexan as protagonistas e saian dos papeis secundarios, para que as nenas e os nenos comprendan que outra realidade é posible.

    A actividade levouse a cabo o día 8 de novembro.

  4. Actividade “Semana da muller na ciencia”. Realizáronse diferentes actividades orientadas a todo o alumnado do colexio, co fin de: Descubrir o papel da muller na sociedade e en particular na ciencia, Eliminar prexuízos entorno ó xénero e Dar referentes femininos de mulleres científicas ás nenas.

    As actividades desenvolvéronse nas instalacións do colexio, e asistiu todo o alumnado agás o primeiro curso de infantil. As actividades foron deseñadas especificamente para cada un dos niveis educativos do colexio.

    Desenrolouse durante os días 12,13, 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro.

  5. Organización dun obradoiro dirixido ás familias: “A diversidade e a comunicación como aliadas para a convivencia e o manexo dos conflitos”. Contouse coa colaboración do Concello de Allariz e impartiuse no Fogar do Maiores o 26 de novembro.

    Tratouse dun obradoiro teórico e práctico co fin de acadar os seguintes obxectivos: facilitar un espazo para a reflexión sobre a diversidade presente nas persoas, achegar algunha ferramenta comunicativa para manexar os conflitos, promover un espazo para pensar sobre o conflito e a nosa relación co mesmo e achegar nocións que facilitan a comprensión das diferenzas como valor para a posta en práctica da igualdade.

Unha vez rematado o programa, esperamos que as actividades foran do voso interese e gustaríanos coñecer a vosa opinión sobre as mesmas, para tela en conta para futuras propostas. Por iso agradeceríamos moito que vos tomases a molestia de contestar unha breve enquisa que non vos levará máis de 2 minutos e para nós será de moito interese.

A continuación podedes acceder a enquisa para deixar as vosas respostas:

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024