ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024




CONVOCATORIA de eleccións ao Consello Escolar deste colexio de acordo cos seguintes puntos:


O CENSO ELECTORAL do Profesorado, do persoal de Administración e Servizos, e de Nais e Pais de alumnos, será exposto a partir do día 23 de outubro, no taboleiro interior de anuncios do colexio.

Reclamacións ao censo ata o 8 de novembro.


As CANDIDATURAS poden ser presentadas do 23 de outubro ao 8 de novembro mediante unha solicitude que terán á súa disposición na Secretaría. Serán proclamadas e publicadas no taboleiro exterior e web do colexio o día 11 de novembro.


As RECLAMACIÓNS contra o acordo de proclamación de candidatos realizaranse os días 12 e 13 de novembro mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral.
As resolucións sobre a proclamación de candidatos/as e as reclamacións os censos publicaranse no taboleiro exterior do colexio o día 14 de novembro


A MESA ELECTORAL será constituida inmediatamente antes do comezo das votacións.


CANDIDATURAS A ELEXIR: Cada elector fará constar na súa papeleta un máximo dun nome da lista de candidatos debendo acreditarse mediante a mostra do DNI ou documento similar. ¡Recordade que poden votar os dous pais do alumno por separado!


O CALENDARIO ELECTORAL DAS VOTACIÓNS para cada un dos sectores da Comunidade Educativa realizarase nas dependencias do colexio do seguinte xeito:

Sector de docentes: día 19 de novembro ás 16h30

Sector de nais e pais de alumnos: día 19 de novembro das 13h30 ás 17h30h

Sector do persoal de Administración e Servizos: día 19 de novembro das 10h00 ás 11h00.

Finalizadas as votacións procederase ao escrutinio dos votos que será público e unha vez realizado levantarase acta que firmarán todos os componentes da mesa e na que se farán constar os representantes elexidos polo maior número de votos e todos os demais que haxan obtido votos.


As RESOLUCIÓNS das mesas electorais publicaranse no taboleiro de anuncios e web do colexio o día 20 de novembro.


REMISIÓN DE ACTAS: o director dará, ao día seguinte, traslado das copias das actas de cada mesa electoral á Xefatura Territorial.


DENDE A ANPA QUEREMOS ANIMAR A TODOS OS NOSOS SOCIOS, PAIS E NAIS DO CEIP PADRE FEIJÓO A PARTICIPAR NO CONSELLO ESCOLAR E DAR VOZ E VOTO ÓS NOSOS FILLOS.



Se despois de ler esto, todavía tes algunha dúbida de cómo participar e ser parte do consello, escríbenos e informarémoste de todo o proceso electoral 😉

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA