Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

Entroido 2020 - Comparsa da ANPA

Este ano o tema elixido polo colexio para o entroido son os deportes minoritarios 🏹🛷🤺🏄‍♀️⛷ e dende a directiva da ANPA pensamos en organizar unha comparsa para o desfile do entroido do concello. Aproveitaríamos os disfraces do colexio e só teríamos que preparar disfraces para os adultos, que vos parece? O caso é que xa non queda moito, así que temos que decidilo canto antes para poder organizarnos. Se vos interesa, podedes anotarvos no formulario que tedes máis abaixo e así poder saber se somos suficientes para formar unha comparsa con xeito 😁 Por certo, está aberto a tódalas familias do cole. Tedes ata o vindeiro 7 de febreiro, animádevos! Cargando…

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

A xunta directiva da ANPA convoca a celebración dunha asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro xoves día 23 de xaneiro ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda, no comedor do colexio Padre Feijoo de Allariz. A asemblea está aberta a tódalas familias que queiran participar e/ou teñan algo que aportar. A orde do día será a seguinte: Benvida ás familias asociadas e reparto dos carnés. Resumo das actividades desenvolvidas no primeiro trimestre do curso. Proposta de integración na Federación Provincial de ANPAs Públicas de Ourense “As Burgas”, e aprobación se é oportuno. Proposta de actividades e definición do programa xeral de actuación, de aquí ó vindeiro curso. Situación do comedor do colexio e proposta de actuacións. Información sobre o Consello Escolar do vindeiro 28 de xaneiro e definición da postura da ANPA nos temas a tratar. Rogos e preguntas.