Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2020

Charla informativa sobre o comezo do vindeiro curso

Charla informativa aberta a tódalas familias do CEIP Padre Feijoo de Allariz Organizada pola ANPA AIRIÑA Salón de Actos do Fogar dos Maiores 31 de xullo de 2020 – 19h Orde do día: Información sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021. Información sobre as medidas adoptadas polo colexio de cara ó vindeiro curso. Rolda de preguntas. Debido a situación sanitaria que vivimos, o aforo estará limitado a 40 participantes, por orde de chegada. Pregamos, na medida do posible, que asista un participante por familia para chegar ó maior número de familias. En caso de que houbera máis participantes que prazas, valorarase a posibilidade de repetir a charla as 20h. Na seguinte ligazón podedes descargar o Resumo do Protocolo .

Comunicado sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino da Consellería de Educación

Dende a directiva da ANPA Airiña queremos informar ás familias asociadas da publicación por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021 [1][2]. Este protocolo foi presentado na mesa sectorial convocada o pasado 16 de xullo, á que, a pesar do seu nome, non se convocou a ningunha representación das familias. As organizacións sindicais que asistiron á mesa sectorial reclamaron a retirada do borrador e finalmente abandonaron a reunión, facendo un chamamento á mobilización social contra este protocolo que consideran unha falta de respecto a toda a comunidade educativa. Dende as organizacións sindicais convocáronse cazoladas na sede da Consellería en San Caetano (Santiago de Compostela), unha o pasado día 22 de xullo e outra o vindeiro 28 de xullo ás 11:30 horas. É importante lembrar que as recomendació