Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

Allariz con Igualdade II

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa desenrolado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz por segundo ano consecutivo, dada a boa acollida que tivo por parte da comunidade educativa o ano pasado. A idea foi organizar diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres , dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e ás súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos. A finais do pasado mes de xullo, comunicáronnos a concesión da subvención para desenrolar o programa completo que solicitáramos durante o mes de febreiro. Dende que nos comunicaron a resolución da convocatoria, e tendo en c

Aberto o prazo para novas altas e renovacións de asociad@s da ANPA

Imaxe
Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo, A partir de hoxe día 2 de setembro e ata o vindeiro 30 de setembro abrimos o prazo para novas altas e renovacións de familias asociadas á ANPA. Coma o ano anterior, a cota por familia será de 10€, tanto para novas altas como para renovacións . Dada a situación na que nos atopamos, recomendámosvos que fagades o pago por transferencia ou ingreso en conta. Este ano para darse de alta e para renovar a condición de familia asociada, puxemos a disposición das familias un formulario online para facilitar o rexistro. Podedes acceder a el premendo na seguinte ligazón: Formulario online As comunicacións coas familias soemos facelas preferentemente por teléfono, a través do Whatsapp, polo que se queredes estar ó tanto das novas non esquezades cubrir os vosos números de teléfono. Unha vez finalizado o prazo para darse de alta, crearemos unha lista de difusión cos números de teléfono dos asociados, pero lembrade que para rec

Aberto o prazo de inscrición para o transporte escolar municipal en Allariz

Imaxe
  Xa está aberto o prazo de inscrición para o servizo de transporte escolar municipal do Concello de Allariz . Para facer uso deste servizo é preciso informarse e inscribirse na Piscina Municipal de Allariz , ben no teléfono 988 442 083 ou no correo electrónico piscina@allariz.gal. Podedes consultar as paradas no seguinte plano:     E os prezos e responsables do servizo:     Máis información na páxina do concello .