Publicacións

Imaxe
  SOCIOS ANPA AIRIÑA CURSO 23/24 Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo, iniciamos o Novo curso escolar e abrimos o prazo para renovacións e novas altas daquelas familias que queiran formar parte da ANPA, ata o vindeiro 2 de Outubro. . A cota será 12€ por familia, para novas altas e renovacións. . Un saudo da directiva . #anpairiña #colexiopadrefeijooallariz #compartirederiquiños #curso23 /24 #sociosnovoserepes #xuntosmellores

FESTA FIN DE CURSO ANPA AIRIÑA (JUNIO 2023)

Imaxe
  Grazas a tod@s @s soci@s que nos acompañastes na festa fin de curso da Anpa Airiña!!! Sodes fenomenais!!! 👏🏻👏🏻👏🏻 . Dende a directiva queremos agradecer a boa disposición de tod@s para pasalo ben e celebrar xunt@s en comunidade o fin de curso! 🥰 . Mención especial tamén a #ocioavia 🎡 polas colchonetas e a festa da escuma, e a Belén pola merendola 🍕🥖🥐, moitas grazas! . FELIZ VERÁN A TOD@S!!! ☀️⛱️🍹 . #AnpaAiriña #FestaFinDeCurso #ocioavia #sociosmolones #FelizVeran #colchonetas #saltarcomotolos #festadaescuma #Curso22 /23

SORTEO DO ANPA COA COLABORACIÓN DA AIRA EDITORIAL

Imaxe
SORTEO!!! ANIMAIS MÍTICOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO Sabías que hai animais que habitan unicamente na imaxinación? Durante moitos séculos seres míticos espertaron a fascinación e o arrepío de moitas civilizacións. Aínda hoxe permanecen vivos en relatos e obras de arte. Con este libro coñecerás algunhas destas criaturas fabulosas e por que están relacionadas cos diferentes roteiros cara a Santiago de Compostela. Dos creadores dos libros da Galicia pequeniña. HISTORIA DA GALICIA PEQUEÑIÑA O pasado de Galicia como nunca cho contaron. Mapas, obxectos, acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor. . En colaboración coa @airaeditorial os nosos SOCIOS terán a oportunidade de gañar un dos dous libros que sorteamos! Para participar e moi sinxelo, siguenos nas redes para mais información e SORTE!  .  O sorteo comenza hoxe e rematará o venres   de Decembro as 14:00 h . #compartiréderiquiños   animadevos e poñer a foto do marcapáxinas coa etiqueta do @AnpaAiriña na tua istoria  #AiraEdit

OBRADOIRO SAMAIN

Imaxe
OBRADOIRO ! Samain a volta da esquina, día 21/Outubro as 18:00 no comedor do cole. . Apuntadevos no whatsapp do Anpa para pasar unha tarde divertida cos vosos fillos. Socios de balde e non asociados 2€ por neno. . IMPORTANTE: Aforo limitado. Os nenos deben vir acompañados dun adulto responsable.
Imaxe
 XUNTOS SOMOS MELLORES! . ▪️Todos os que queiran colaborar como empresa ofrecendo descontos ou algunha colaboración activa con nos, poñedevos en contacto a través do correo: anpapadrefeijoo@gmail.com ou nas nosas redes sociais. Así mesmo, moitas grazas a quen xa é #amigodoanpaairiña e un ano mais colaboran dun xeito ou outro facendo un esforzo colectivo en beneficio directo para as nosas familias socias ▪️Un saudo a todos e a seguir camiñando pola nosa comunidade! #amigosdoanpaairiña #socioscolaboradores #anpaairiña #sociosnovoserepes #xuntossomosmellores #facemoscomunidade #colexiopadrefeijooallariz #colaboradoresrepesquemolan #compartirederiquiños

Socios do ANPA AIRIÑA Curso 22/23

Imaxe
                                                                              ⬇️⬇️⬇️ Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo, iniciamos o Novo curso escolar e abrimos o prazo para renovacións e novas altas daquelas familias que queiran formar parte da ANPA, ata o vindeiro 30 de Setembro. . A cota será 10€ por familia, para novas altas e renovacions. . Moitas grazas polo apoio e contamos con vosa confianza. . Un saudo da nova directiva: Cristina Álvarez Quintas Lorena Barreiros Ríos Ángeles Fernández Bretaña Noelia Cubillas Pérez Elisabet Soto Santamaría Ana Parada Sarmiento

Eleccións Consello Escolar 2021

            Como xa se informou dende o centro, este ano hai eleccións ó Consello Escolar no que se renovarán dous postos dos representantes das familias. O pasado día 12 concluíu o prazo para presentar as candidaturas e agora chega o momento de participar no proceso indo a votar o vindeiro 23 de novembro dende as 13:30 ás 17:30 , no edificio das antigas vivendas dos mestres ( Aula de Espera ). Lembrade que podedes votar a nai e o pai, previa identificación co voso DNI. É importante participar nestas eleccións, xa que se escollerán os representantes das familias no Consello Escolar. Coa nova lei de educación, o Consello Escolar deixa de ser un órgano consultivo para volver a ser o órgano reitor do centro no que se toman as decisións máis importantes sobre a educación do alumnado. E as familias temos voz e voto no Consello Escolar a través dos nosos representantes. Entre as súas funcións están: Aprobar e avaliar os diferentes proxectos do centro. Decidir sobre a admisión do alumnado. Pa