Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta divulgación

Nós, a ANPA

Imaxe
  QUE É A ANPA? A ANPA é unha asociación de nais e pais de alumnos, cuxo obxectivo é colaborar co colexio -no noso caso o CEIP Padre Feijoo de Allariz- para conseguir melloras curso a curso. Co gallo de acadar este propósito a ANPA necesita da colaboración das nais e pais dos alumnos que cursan estudos no colexio, erixíndose como un canal de comunicación entre as nais ou pais e a comunidade educativa. RAZÓNS PARA ASOCIARSE A UNHA ANPA Porque a responsabilidade de educar ás nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación. Porque as iniciativas e peticións dun grupo de famílias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc. Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar. Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA, para defender os interesses de tódalas famílias e non soamente os individuais. Porque s...

Actividades destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres

  O pasado día 11 de febreiro publicouse no DOGA a resolución que rexe as axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Podedes consultar o texto completo da resolución neste enlace . Con esta resolución concédense subvencións de ata 3000 € para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa. Dende a directiva da ANPA queremos que as familias interesadas participen e propoñan actividades que poidan ser subvencionables e sexan de interese para tod@s. Por eso vos animamos a envialas canto antes para axilizar a presentación da solicitude en prazo. A modo de resumo, e tal como se recolle no texto da resolución, poderán ser obxecto de subvención ao abei...

Actividade informativa do programa: ALLARIZ CON IGUALDADE

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa deseñado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz para realizar durante o ano 2020, e que se desenrolou gracias ó financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia . Organizamos diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e as súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos. Dende a directiva da ANPA Airiña planificamos as actividades en colaboración co profesorado do centro e coa Área de Igualdade do Concello de Allariz co fin de acadar os seguintes obxectivos: Promover a igualdade...

Obradoiro para as familias "Somos un mundo!"

Imaxe
Para rematar o programa Allariz con Igualdade, organizamos coa colaboración do Concello de Allariz o obradoiro para familias " Somos un mundo! a diversidade e a comunicación como aliadas para a convivencia e o manexo dos conflictos ", facilitado por Beatriz Pirês Fernández.  Trátase dun obradoiro teórico e práctico co fin de acadar os seguintes obxectivos: facilitar un espazo para a reflexión sobre a diversidade presente nas persoas, achegar algunha ferramenta comunicativa para manexar os conflitos, promover un espazo para pensar sobre o conflito e a nosa relación co mesmo e achegar nocións que facilitan a comprensión das diferenzas como valor para a posta en práctica da igualdade. Será o vindeiro 26 de novembro no Fogar dos Maiores, de 18h a 20h. A entrada será gratuita pero, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o aforo estará limitado e soamente se poderá asistir reservando praza no número de teléfono 988 554 059.  

Contos de nenas grandes e pequenas

Imaxe
Continuamos desenvolvendo as actividades do Allariz con Igualdade. Esta vez organizamos unha actuación de teatro na Casa da Cultura no Concello de Allariz o vindeiro domingo 8 de novembro a cargo de Tropa de Trapo .  A proposta da compañía de teatro é contar contos nos que as nenas sexan as protagonistas e saian dos papeis secundarios, para que as nenas e os nenos comprendan que outra realidade é posible. A entrada é de balde ata completar aforo. Podedes pasar a recoller as vosas entradas na Casa da Cultura dende o vindeiro luns 2 ata o venres 6. Debido á situación actual, o aforo estará limitado e cumprirase con tódalas medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.  

Comeza a Semana da muller na ciencia

Imaxe
Esta semana comeza a semana da muller na ciencia no CEIP Padre Feijoo. As nenas e nenos de Infantil e Primaria descubrirán a ciencia da man de As Curuxas, aula das ciencias   e coñecerán o papel da muller na ciencia. Os obxectivos desta actividade son: Descubrir o papel da muller na sociedade e en particular na ciencia. Eliminar prexuízos entorno ó xénero. Dar referentes femininos de mulleres científicas ás nenas. As actividades vanse desenvolver nas instalacións do colexio, e están dirixidas a todo o alumnado agás o primeiro curso de infantil. As actividades foron deseñadas especificamente para cada un dos niveis educativos do colexio. As actividades desenrolaranse durante os días 12,13, 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro. Esperamos que esta actividade axude a lograr unha maior participación das nenas na ciencia, dándolles referentes de mulleres científicas. 👩‍⚕️👩‍🔬🧬🦠🧫🧪  

Contacontos para as nenas e nenos de infantil

Imaxe
 Seguindo coas actividades do programa #Allariz con #Igualdade, o vindeiro martes 27 de outubro visitará o cole de infantil Caxoto Díaz Valle coa súa función Contos vellos, novos finais. Será na aula de usos múltiples en tres sesións, unha por cada aula. Na Trastenda dos Contos levan anos traballando contidos relativos á igualdade. Con cada conto busca rachar un estereotipo de xénero, fomentar a coeducación e normalizar entre as vindeiras xeracións a igualdade. Baixo o nome “Contos vellos novos finais” recolle varias propostas para traballar arredor da igualdade.

Comezo da Semana da muller no arte

Imaxe
Mañá comezan as actividades do programa #Allariz con #Igualdade coa Semana da #muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas , impartida por Fatiropina Teopía . A actividade vai dirixida a tólodos cursos de primaria e realizarase dende mañá día 20 ata o vindeiro 30 de outubro, e consiste amosarlles as obras das Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Coñecerán as seguintes artistas: Remedios Varo , Georgia O’Keeffe , Maruja Mallo e Menchu Lamas , así coma as súas técnicas. Tamén se inclúe unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.  

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Imaxe
 Unha vez organizadas as actividades en conxunto co profesorado do colexio, xa temos datas pechadas para realizalas. Tódalas actividades desenrolaranse cumprindo as normas hixienico-sanitarias que require a situación na que nos atopamos, co fin de manter o illamento dos grupos estables de convivencia do colexio.  As actividades que se van desenrolar no colexio son as seguintes: 1. “Semana da muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas" , dirixida ó alumnado de primaria. Esta actividade consistirá en amosarlles as obras das grandes artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan só ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Inclúese unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado. As artistas que se abordarán para o es...

Allariz con Igualdade II

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa desenrolado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz por segundo ano consecutivo, dada a boa acollida que tivo por parte da comunidade educativa o ano pasado. A idea foi organizar diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres , dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e ás súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos. A finais do pasado mes de xullo, comunicáronnos a concesión da subvención para desenrolar o programa completo que solicitáramos durante o mes de febreiro. Dende que nos comunicaron a resolución da convocatoria, e tendo en c...

O uso de internet e as rede sociais

Imaxe
O vindeiro sábado 30 ás 18 horas rematamos o programa " Allariz con Igualdade " cun obradoiro sobre o " Uso de internet e as redes sociais " no Fogar dos Maiores. Está dirixido a nais, pais e docentes que queiran coñecer un pouco mellor as posibilidades e riscos do uso da internet e das redes sociais. O obradoiro terá unha duración aproximada de dúas horas e será de balde ata completar o aforo do local. A programación do obradoiro será a seguinte: O contexto familiar como primeira rede social. Uso, abuso e adicción ás novas tecnoloxías. Factores de risco, de proteción e  mantedores da adicción. Como se exerce a violencia a través das novas tecnoloxías?  Ferramentas para un uso construtivo das novas tecnoloxías. Posta en común. Xerando un espazo para expresar as necesidades específicas de cada familia. Esperamos que sexa do voso interese.