Contacontos para as nenas e nenos de infantil
Seguindo coas actividades do programa #Allariz con #Igualdade, o vindeiro martes 27 de outubro visitará o cole de infantil Caxoto Díaz Valle coa súa función Contos vellos, novos finais.
Será na aula de usos múltiples en tres sesións, unha por cada aula.
Na Trastenda dos Contos levan anos traballando contidos relativos á igualdade. Con cada conto busca rachar un estereotipo de xénero, fomentar a coeducación e normalizar entre as vindeiras xeracións a igualdade.
Baixo o nome “Contos vellos novos finais” recolle varias propostas para traballar arredor da igualdade.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.