Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta allariz

Nós, a ANPA

Imaxe
  QUE É A ANPA? A ANPA é unha asociación de nais e pais de alumnos, cuxo obxectivo é colaborar co colexio -no noso caso o CEIP Padre Feijoo de Allariz- para conseguir melloras curso a curso. Co gallo de acadar este propósito a ANPA necesita da colaboración das nais e pais dos alumnos que cursan estudos no colexio, erixíndose como un canal de comunicación entre as nais ou pais e a comunidade educativa. RAZÓNS PARA ASOCIARSE A UNHA ANPA Porque a responsabilidade de educar ás nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación. Porque as iniciativas e peticións dun grupo de famílias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc. Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar. Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA, para defender os interesses de tódalas famílias e non soamente os individuais. Porque s...

FESTA FIN DE CURSO ANPA AIRIÑA (JUNIO 2023)

Imaxe
  Grazas a tod@s @s soci@s que nos acompañastes na festa fin de curso da Anpa Airiña!!! Sodes fenomenais!!! 👏🏻👏🏻👏🏻 . Dende a directiva queremos agradecer a boa disposición de tod@s para pasalo ben e celebrar xunt@s en comunidade o fin de curso! 🥰 . Mención especial tamén a #ocioavia 🎡 polas colchonetas e a festa da escuma, e a Belén pola merendola 🍕🥖🥐, moitas grazas! . FELIZ VERÁN A TOD@S!!! ☀️⛱️🍹 . #AnpaAiriña #FestaFinDeCurso #ocioavia #sociosmolones #FelizVeran #colchonetas #saltarcomotolos #festadaescuma #Curso22 /23

SORTEO DO ANPA COA COLABORACIÓN DA AIRA EDITORIAL

Imaxe
SORTEO!!! ANIMAIS MÍTICOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO Sabías que hai animais que habitan unicamente na imaxinación? Durante moitos séculos seres míticos espertaron a fascinación e o arrepío de moitas civilizacións. Aínda hoxe permanecen vivos en relatos e obras de arte. Con este libro coñecerás algunhas destas criaturas fabulosas e por que están relacionadas cos diferentes roteiros cara a Santiago de Compostela. Dos creadores dos libros da Galicia pequeniña. HISTORIA DA GALICIA PEQUEÑIÑA O pasado de Galicia como nunca cho contaron. Mapas, obxectos, acontecementos e personaxes para que nos coñezamos mellor. . En colaboración coa @airaeditorial os nosos SOCIOS terán a oportunidade de gañar un dos dous libros que sorteamos! Para participar e moi sinxelo, siguenos nas redes para mais información e SORTE!  .  O sorteo comenza hoxe e rematará o venres   de Decembro as 14:00 h . #compartiréderiquiños   animadevos e poñer a foto do marcapáxinas coa etiqueta do @AnpaAir...

OBRADOIRO SAMAIN

Imaxe
OBRADOIRO ! Samain a volta da esquina, día 21/Outubro as 18:00 no comedor do cole. . Apuntadevos no whatsapp do Anpa para pasar unha tarde divertida cos vosos fillos. Socios de balde e non asociados 2€ por neno. . IMPORTANTE: Aforo limitado. Os nenos deben vir acompañados dun adulto responsable.

Socios do ANPA AIRIÑA Curso 22/23

Imaxe
                                                                              ⬇️⬇️⬇️ Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo, iniciamos o Novo curso escolar e abrimos o prazo para renovacións e novas altas daquelas familias que queiran formar parte da ANPA, ata o vindeiro 30 de Setembro. . A cota será 10€ por familia, para novas altas e renovacions. . Moitas grazas polo apoio e contamos con vosa confianza. . Un saudo da nova directiva: Cristina Álvarez Quintas Lorena Barreiros Ríos Ángeles Fernández Bretaña Noelia Cubillas Pérez Elisabet Soto Santamaría Ana Parada Sarmiento

Eleccións Consello Escolar 2021

            Como xa se informou dende o centro, este ano hai eleccións ó Consello Escolar no que se renovarán dous postos dos representantes das familias. O pasado día 12 concluíu o prazo para presentar as candidaturas e agora chega o momento de participar no proceso indo a votar o vindeiro 23 de novembro dende as 13:30 ás 17:30 , no edificio das antigas vivendas dos mestres ( Aula de Espera ). Lembrade que podedes votar a nai e o pai, previa identificación co voso DNI. É importante participar nestas eleccións, xa que se escollerán os representantes das familias no Consello Escolar. Coa nova lei de educación, o Consello Escolar deixa de ser un órgano consultivo para volver a ser o órgano reitor do centro no que se toman as decisións máis importantes sobre a educación do alumnado. E as familias temos voz e voto no Consello Escolar a través dos nosos representantes. Entre as súas funcións están: Aprobar e avaliar os diferentes proxectos do centro. Decidir sob...

Aberto o prazo para novas altas e renovacións - Curso 2021-22

Imaxe
  Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo, A partir de hoxe día 1 de setembro e ata o vindeiro 30 de setembro abrimos o prazo para realizar as novas altas e as renovacións daquelas familias que queiran formar parte da ANPA. Coma o ano anterior, a cota por familia será de 10€, tanto para novas altas como para renovacións . Recomendamos que o pago se faga por transferencia ou ingreso en conta, aínda que tamén se poderá facer de forma presencial. Os datos bancarios da ANPA son os seguintes: Por motivos de organización, é importante que o concepto esté correctamente cuberto, en caso de facer o ingreso no caixeiro, por favor enviade copia do xustificante ó whatsapp, ó correo ou ben podedes entregarllo a alguén da directiva. Para darse de alta e para renovar a condición de familia asociada, temos a disposición das familias un formulario online para facilitar o rexistro. Podedes acceder a el premendo na seguinte ligazón: Formulario online As comunicacións coas ...

Actividades destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres

  O pasado día 11 de febreiro publicouse no DOGA a resolución que rexe as axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Podedes consultar o texto completo da resolución neste enlace . Con esta resolución concédense subvencións de ata 3000 € para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa. Dende a directiva da ANPA queremos que as familias interesadas participen e propoñan actividades que poidan ser subvencionables e sexan de interese para tod@s. Por eso vos animamos a envialas canto antes para axilizar a presentación da solicitude en prazo. A modo de resumo, e tal como se recolle no texto da resolución, poderán ser obxecto de subvención ao abei...

Día internacional das Cardiopatías Conxénitas

Imaxe
O vindeiro 14 de febreiro conmemórase o Día Internacional das Cardipatías Conxénitas . Dende a directiva da ANPA, e a proposta dunha das familias asociadas, gustaríanos darlle visibilidade y sensibilizar sobre esta patoloxía que afecta a 10 novas familias cada día en España. As cardiopatías conxénitas son defectos no corazón, por alteracións durante o desenrolo do feto. Trátase da patoloxía conxénita máis frecuente, sendo crónica e requerindo atención especializada. Segundo o tipo, pode ser simple ou complexa e afectar a un ou varios dos compoñentes do corazón, precisando cada caso un tratamento diferente. Algúns bebés precisan ser operados ós poucos días de nacer e outros meses ou anos despois, podendo precisar varias operacións ó largo da súa vida. Estímase que cada ano nacen uns 4000 bebés con esta patoloxía crónica. Día a día, as tasas de supervivencia aumentan, non podendo falar xa só de nenas e nenos con cardiopatías conxénitas, senon tamén...

Día internacional do Cancro Infantil

Imaxe
O vindeiro 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil . A proposta dunha das familias asociadas, a directiva da ANPA Airiña decidiu organizar, en colaboración co CEIP Padre Feijoo , unha actividade de sensibilización sobre o cancro infantil no colexio o venres 12 de febreiro e a favor da Fundación Juegaterapia . A Fundación Juegaterapia leva dende o 2010 traballando para que as nenas e nenos con cancro pensen só en xogar, procurando facer máis agradable e feliz a súa estancia nos hospitais. Os seus principais proxectos son a humanización dos hospitais, convertendo antigas e grises azoteas en preciosos xardíns para xogar, decorando zonas hospitalarias coma bosques , circos ou guaridas de superheroes, transformando as Unidades de Illamento en Estacións Lunares e as Unidades da Dor en Unidades de Cor, así como a de facerlles chegar videoxogos que lles permiten evadirse do illamento ó que soen estar sometidos. As n...

Actividade informativa do programa: ALLARIZ CON IGUALDADE

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa deseñado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz para realizar durante o ano 2020, e que se desenrolou gracias ó financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia . Organizamos diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e as súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos. Dende a directiva da ANPA Airiña planificamos as actividades en colaboración co profesorado do centro e coa Área de Igualdade do Concello de Allariz co fin de acadar os seguintes obxectivos: Promover a igualdade...

En Negro Contra as Violencias

Imaxe
  Dende a directiva da ANPA Airiña decidimos unirnos un ano máis á campaña En Negro Contra As Violencias . A continuación reproducimos o Manifesto desta 6º edición. Manifesto 25 de novembro de 2020 Este ano vai quedar marcado para a nosa memoria como o ano da COVID-19, pero, sen dúbida, tamén por moitas mulleres será recordado como o ano no que tivemos que facer un esforzo adicional, exercendo, aínda que non o foramos, de ensinantes, psicólogas, coidadoras…. Este aumento na carga de coidados, unido á interrupción das redes sociais próximas, creou unha maior situación de tensión no fogar, o que elevou a posibilidade de aumento de risco das violencias. A Organización Mundial da Saúde (OMS) amosou así a súa preocupación polo incremento global da violencia de xénero e intrafamiliar durante esta crise sanitaria e instou os países para adoptar medidas urxentes de prevención e asistencia ás vítimas, e en particular ás que sofren violencia por parte da súa parella, como un servizo esencial...

Obradoiro para as familias "Somos un mundo!"

Imaxe
Para rematar o programa Allariz con Igualdade, organizamos coa colaboración do Concello de Allariz o obradoiro para familias " Somos un mundo! a diversidade e a comunicación como aliadas para a convivencia e o manexo dos conflictos ", facilitado por Beatriz Pirês Fernández.  Trátase dun obradoiro teórico e práctico co fin de acadar os seguintes obxectivos: facilitar un espazo para a reflexión sobre a diversidade presente nas persoas, achegar algunha ferramenta comunicativa para manexar os conflitos, promover un espazo para pensar sobre o conflito e a nosa relación co mesmo e achegar nocións que facilitan a comprensión das diferenzas como valor para a posta en práctica da igualdade. Será o vindeiro 26 de novembro no Fogar dos Maiores, de 18h a 20h. A entrada será gratuita pero, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o aforo estará limitado e soamente se poderá asistir reservando praza no número de teléfono 988 554 059.  

Contos de nenas grandes e pequenas

Imaxe
Continuamos desenvolvendo as actividades do Allariz con Igualdade. Esta vez organizamos unha actuación de teatro na Casa da Cultura no Concello de Allariz o vindeiro domingo 8 de novembro a cargo de Tropa de Trapo .  A proposta da compañía de teatro é contar contos nos que as nenas sexan as protagonistas e saian dos papeis secundarios, para que as nenas e os nenos comprendan que outra realidade é posible. A entrada é de balde ata completar aforo. Podedes pasar a recoller as vosas entradas na Casa da Cultura dende o vindeiro luns 2 ata o venres 6. Debido á situación actual, o aforo estará limitado e cumprirase con tódalas medidas recomendadas polas autoridades sanitarias.  

Comeza a Semana da muller na ciencia

Imaxe
Esta semana comeza a semana da muller na ciencia no CEIP Padre Feijoo. As nenas e nenos de Infantil e Primaria descubrirán a ciencia da man de As Curuxas, aula das ciencias   e coñecerán o papel da muller na ciencia. Os obxectivos desta actividade son: Descubrir o papel da muller na sociedade e en particular na ciencia. Eliminar prexuízos entorno ó xénero. Dar referentes femininos de mulleres científicas ás nenas. As actividades vanse desenvolver nas instalacións do colexio, e están dirixidas a todo o alumnado agás o primeiro curso de infantil. As actividades foron deseñadas especificamente para cada un dos niveis educativos do colexio. As actividades desenrolaranse durante os días 12,13, 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro. Esperamos que esta actividade axude a lograr unha maior participación das nenas na ciencia, dándolles referentes de mulleres científicas. 👩‍⚕️👩‍🔬🧬🦠🧫🧪  

Contacontos para as nenas e nenos de infantil

Imaxe
 Seguindo coas actividades do programa #Allariz con #Igualdade, o vindeiro martes 27 de outubro visitará o cole de infantil Caxoto Díaz Valle coa súa función Contos vellos, novos finais. Será na aula de usos múltiples en tres sesións, unha por cada aula. Na Trastenda dos Contos levan anos traballando contidos relativos á igualdade. Con cada conto busca rachar un estereotipo de xénero, fomentar a coeducación e normalizar entre as vindeiras xeracións a igualdade. Baixo o nome “Contos vellos novos finais” recolle varias propostas para traballar arredor da igualdade.

Comezo da Semana da muller no arte

Imaxe
Mañá comezan as actividades do programa #Allariz con #Igualdade coa Semana da #muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas , impartida por Fatiropina Teopía . A actividade vai dirixida a tólodos cursos de primaria e realizarase dende mañá día 20 ata o vindeiro 30 de outubro, e consiste amosarlles as obras das Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Coñecerán as seguintes artistas: Remedios Varo , Georgia O’Keeffe , Maruja Mallo e Menchu Lamas , así coma as súas técnicas. Tamén se inclúe unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.  

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Imaxe
 Unha vez organizadas as actividades en conxunto co profesorado do colexio, xa temos datas pechadas para realizalas. Tódalas actividades desenrolaranse cumprindo as normas hixienico-sanitarias que require a situación na que nos atopamos, co fin de manter o illamento dos grupos estables de convivencia do colexio.  As actividades que se van desenrolar no colexio son as seguintes: 1. “Semana da muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas" , dirixida ó alumnado de primaria. Esta actividade consistirá en amosarlles as obras das grandes artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan só ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Inclúese unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado. As artistas que se abordarán para o es...