Día internacional das Cardiopatías Conxénitas

O vindeiro 14 de febreiro conmemórase o Día Internacional das Cardipatías Conxénitas. Dende a directiva da ANPA, e a proposta dunha das familias asociadas, gustaríanos darlle visibilidade y sensibilizar sobre esta patoloxía que afecta a 10 novas familias cada día en España.

As cardiopatías conxénitas son defectos no corazón, por alteracións durante o desenrolo do feto. Trátase da patoloxía conxénita máis frecuente, sendo crónica e requerindo atención especializada.

Segundo o tipo, pode ser simple ou complexa e afectar a un ou varios dos compoñentes do corazón, precisando cada caso un tratamento diferente. Algúns bebés precisan ser operados ós poucos días de nacer e outros meses ou anos despois, podendo precisar varias operacións ó largo da súa vida.

Estímase que cada ano nacen uns 4000 bebés con esta patoloxía crónica. Día a día, as tasas de supervivencia aumentan, non podendo falar xa só de nenas e nenos con cardiopatías conxénitas, senon tamén de adolescentes, xoves e adultos con un corazón e unhas necesidades especiais. 

Existen diversas asociacións de familias con esta patoloxía e con motivo do Día Internacional das Cardiopatías Conxénitas e a proposta dunha familia da ANPA querérmosvos presentar a Fundación Menudos Corazones, que traballa axudando ás familias con esta patoloxía dende o ano 1999, durante a hopitalización, na vida cotidiana con cardiopatía, trala perda dunha filla/o e participando e promovendo traballos de investigación.

Se estades interesados en colaborar coa Fundación, na súa páxina web podedes atopar información sobre como facelo, ben facendo unha doazón, sendo voluntario, participando no seu programa de voluntariado ou mercando os seus productos solidarios.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024