Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Actividades destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres

  O pasado día 11 de febreiro publicouse no DOGA a resolución que rexe as axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Podedes consultar o texto completo da resolución neste enlace . Con esta resolución concédense subvencións de ata 3000 € para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa. Dende a directiva da ANPA queremos que as familias interesadas participen e propoñan actividades que poidan ser subvencionables e sexan de interese para tod@s. Por eso vos animamos a envialas canto antes para axilizar a presentación da solicitude en prazo. A modo de resumo, e tal como se recolle no texto da resolución, poderán ser obxecto de subvención ao abeiro d

Día internacional das Cardiopatías Conxénitas

Imaxe
O vindeiro 14 de febreiro conmemórase o Día Internacional das Cardipatías Conxénitas . Dende a directiva da ANPA, e a proposta dunha das familias asociadas, gustaríanos darlle visibilidade y sensibilizar sobre esta patoloxía que afecta a 10 novas familias cada día en España. As cardiopatías conxénitas son defectos no corazón, por alteracións durante o desenrolo do feto. Trátase da patoloxía conxénita máis frecuente, sendo crónica e requerindo atención especializada. Segundo o tipo, pode ser simple ou complexa e afectar a un ou varios dos compoñentes do corazón, precisando cada caso un tratamento diferente. Algúns bebés precisan ser operados ós poucos días de nacer e outros meses ou anos despois, podendo precisar varias operacións ó largo da súa vida. Estímase que cada ano nacen uns 4000 bebés con esta patoloxía crónica. Día a día, as tasas de supervivencia aumentan, non podendo falar xa só de nenas e nenos con cardiopatías conxénitas, senon tamén

Día internacional do Cancro Infantil

Imaxe
O vindeiro 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil . A proposta dunha das familias asociadas, a directiva da ANPA Airiña decidiu organizar, en colaboración co CEIP Padre Feijoo , unha actividade de sensibilización sobre o cancro infantil no colexio o venres 12 de febreiro e a favor da Fundación Juegaterapia . A Fundación Juegaterapia leva dende o 2010 traballando para que as nenas e nenos con cancro pensen só en xogar, procurando facer máis agradable e feliz a súa estancia nos hospitais. Os seus principais proxectos son a humanización dos hospitais, convertendo antigas e grises azoteas en preciosos xardíns para xogar, decorando zonas hospitalarias coma bosques , circos ou guaridas de superheroes, transformando as Unidades de Illamento en Estacións Lunares e as Unidades da Dor en Unidades de Cor, así como a de facerlles chegar videoxogos que lles permiten evadirse do illamento ó que soen estar sometidos. As n