Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

O uso de internet e as rede sociais

Imaxe
O vindeiro sábado 30 ás 18 horas rematamos o programa " Allariz con Igualdade " cun obradoiro sobre o " Uso de internet e as redes sociais " no Fogar dos Maiores. Está dirixido a nais, pais e docentes que queiran coñecer un pouco mellor as posibilidades e riscos do uso da internet e das redes sociais. O obradoiro terá unha duración aproximada de dúas horas e será de balde ata completar o aforo do local. A programación do obradoiro será a seguinte: O contexto familiar como primeira rede social. Uso, abuso e adicción ás novas tecnoloxías. Factores de risco, de proteción e  mantedores da adicción. Como se exerce a violencia a través das novas tecnoloxías?  Ferramentas para un uso construtivo das novas tecnoloxías. Posta en común. Xerando un espazo para expresar as necesidades específicas de cada familia. Esperamos que sexa do voso interese.

Razóns para pertencer á ANPA

Pódese decirse que hai tantas razóns para pertencer a un ANPA como familias asociadas, pero todas teñen uns obxectivos comúns que son os fins da asociación. Aquí vos deixamos algunhas razóns para ser socio dun ANPA e as vantaxes de pertencer á ANPA Airiña. Se queredes podedes deixarnos as vosas razóns nos comentarios. Razós asociarse nun ANPA: Porque a responsabilidade de educar ós nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación. Porque as iniciativas e peticións dun grupo de familias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc. Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar. Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA para defender os intereses de tódalas familias e non os individuais. Porque sendo familias participativas facilitamos que os nosos fillos sexan persoas implicadas nunha sociedad

Contacontos O Ratiño Presumido - Trinketrinke teatro

Imaxe
O vindeiro 28 de novembro celebrarase no colexio unha actividade de contacontos incluída no programa "Allariz con Igualdade" a cargo de Trinketrinke Teatro. A actividade títulase "O Ratiño Presumido" e desenrolarase na biblioteca do centro en dúas sesións, unha para o alumnado de infantil e outra para os primerios cursos de primaria. Esperamos que lles guste.

Manifesto 25 de Novembro - 5ª edición de Galicia en Negro

A ANPA Airiña, xunto a cento vintecinco concellos, milleiros de establecementos, empresas e colectivos que están a tinguir Galicia, unímonos a esta acción social contra as violencias machistas para manifestar a máis absoluta repulsa ante todo tipo de violencias contra as mulleres, e de xeito máis enérxico, a súa consecuencia máis extrema, os asasinatos. Este ano –segundo datos oficiais–  foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar as mortes ‘colaterais’, asasinadas por estar ao lado da vítima, por ser irmá, filla ou nai. No caso de Galicia o contador suma xa cinco. Cinco mulleres foron asasinadas a mans de homes dos que pretendían afastarse: Maria José, Sandra, Alba y María Elena en Valga e Mari Carmen en Vilalba . A rabia e o desconsolo fainos seguir avanzando nesta andaina, e empúrranos a vestir de negro como símbolo de loito, pero tamén de loita. Sabemos que a morte é a última e máis extrema das violencias machistas, pero que son moitas máis e de moi diferent

Contacontos Non máis princesas

Imaxe
Dende a ANPA querémosvos invitar ó contacontos "Non máis princesas", a cargo de Pedro Brandariz. Celebrarase o vindeiro domingo 24 de novembro ás 18 horas, na Casa da Cultura de Allariz, coa colaboración do Concello de Allariz . A entrada é gratuita ata completar o aforo. Esta actividade pertence ó programa "Allariz con igualdade" promovido pola ANPA Airiña.

Actividades de "Allariz con igualdade"

Imaxe
Durante o mes de novembro imos desenvolver "Allariz con igualdade", aquí vos deixamos o programa de actividades!!

Allariz con igualdade

Imaxe
Dende a ANPA Airiña arrancamos o programa “Allariz con igualdade” co obxectivo de promover a igualdade efectiva e loitar contra a violencia de xénero. Durante o mes de novembro desenvolveranse varias actividades. A primeira é un contacontos dirixido ó alumnado de infantil e de primaria a cargo de Felipe Díaz (Caxoto), que terá lugar no colexio o vindeiro mércores 13 de novembro en horario escolar.

Aberto prazo inscrición asociados

Estimadas familias, Tal e como se acordou na asemblea anual ordinaria celebrada o pasado 27 de xuño de 2019, ábrese un prazo de inscrición de novos socios da ANPA Airiña. Nesa mesma asemblea acordouse que a cota por familia sería de 10 €/ano . Para formalizar a inscrición so hai que cubrir un formulario cos datos dos asociados e pagar a cota correspondente. Este enviarase ás casas nasa mochilas xunto cunha nota informativa e estará tamén dispoñible para descargar na páxina de Documentación do blogue e na aula da que dispón a ANPA no colexio (enfronte da entrada), os martes de 9:15 a 10:30 . O formulario pódese entregar en man na aula no horario de atención, enviar por correo electrónico ( anpapadrefeijoo@gmail.com ) ou deixar no buzón da ANPA no colexio. Así mesmo, o pagamento pódese facer en man ou por ingreso no banco. Co fin de facilitar as xestións e o funcionamento da ANPA, o prazo de inscrición rematará o vindeiro 29 de novembro . Dende a directiva da ANPA consideram

Saúdo da nova xunta directiva

Estimadas familias, O pasado día 23 de outubro celebrouse a asemblea extraordinaria para a elección da nova directiva da ANPA, que quedou constituída do seguinte xeito: Presidente: Sonia Carnero García Tesoureira: Mª Ángeles Fernández Bretaña Secretario: Aitor Freire Astray Vogal: Lorena Mª Barreiros Ríos Dende a nova xunta directiva queremos comezar por presentarnos e poñer a disposición de tódalas familias do colexio as canles de comunicación das que dispoñemos, e nas que estaremos encantadas de atendervos. Dispoñemos dun aula no colexio, a que está enfronte da entrada (pola parte do pavillón), na que vos atenderemos tódolos martes de 9:15 a 10:30 , e ademais dispoñemos do correo electrónico da ANPA (anpapadrefeijoo@gmail.com). Tamén contamos coa nosa páxina do Facebook e o blogue, no que iremos publicando tódalas novas que teñamos. Un cordial saúdo,