Aberto prazo inscrición asociados
Estimadas familias,
Tal e como se acordou na asemblea anual ordinaria celebrada o pasado 27 de xuño de 2019, ábrese un prazo de inscrición de novos socios da ANPA Airiña. Nesa mesma asemblea acordouse que a cota por familia sería de 10 €/ano.
Tal e como se acordou na asemblea anual ordinaria celebrada o pasado 27 de xuño de 2019, ábrese un prazo de inscrición de novos socios da ANPA Airiña. Nesa mesma asemblea acordouse que a cota por familia sería de 10 €/ano.
Para formalizar a inscrición so hai que cubrir un formulario cos datos dos asociados e pagar a cota correspondente. Este enviarase ás casas nasa mochilas xunto cunha nota informativa e estará tamén dispoñible para descargar na páxina de Documentación do blogue e na aula da que dispón a ANPA no colexio (enfronte da entrada), os martes de 9:15 a 10:30.
O formulario pódese entregar en man na aula no horario de atención, enviar por correo electrónico (anpapadrefeijoo@gmail.com) ou deixar no buzón da ANPA no colexio. Así mesmo, o pagamento pódese facer en man ou por ingreso no banco.
Co fin de facilitar as xestións e o funcionamento da ANPA, o prazo de inscrición rematará o vindeiro 29 de novembro.
Co fin de facilitar as xestións e o funcionamento da ANPA, o prazo de inscrición rematará o vindeiro 29 de novembro.
Dende a directiva da ANPA consideramos moi importante que as familias con nenas e nenos no colexio se asocien, xa que sen elas a ANPA carece de sentido. Un maior número de opinións enriquecerá as decisións e actividades que se promovan como parte da comunidade educativa do centro.
Neste senso, dende hai anos a ANPA é a encargada de organizar as actividades do apalpador e dos paxes reais no colexio. Ademais participa no Consello Escolar cun representante que da voz as decisións que se toman en asemblea, promóvense actividades extraescolares e tamén se desenvolven programas coma “Allariz con Igualdade”.
Todo elo sen esquecer os fins da asociación, tal como se recollen nos estatutos:
- asistir ás nais e pais na educación das súas fillas e fillos,
- colaborar coas actividades educativas do centro e
- controlar a xestión do centro.
Pero para poder levar a cabo todas estas actividades e outras precísase da vosa colaboración como familias asociadas. Contamos con vós!
Un cordial saúdo da xunta directiva.
Un cordial saúdo da xunta directiva.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.