Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Eleccións

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024

Imaxe
CONVOCATORIA de eleccións ao Consello Escolar deste colexio de acordo cos seguintes puntos: O CENSO ELECTORAL do Profesorado, do persoal de Administración e Servizos, e de Nais e Pais de alumnos, será exposto a partir do día 23 de outubro , no taboleiro interior de anuncios do colexio. Reclamacións ao censo ata o 8 de novembro. As CANDIDATURAS poden ser presentadas do 23 de outubro ao 8 de novembro mediante unha solicitude que terán á súa disposición na Secretaría. Serán proclamadas e publicadas no taboleiro exterior e web do colexio o día 11 de novembro . As RECLAMACIÓNS contra o acordo de proclamación de candidatos realizaranse os días 12 e 13 de novembro mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral. As resolucións sobre a proclamación de candidatos/as e as reclamacións os censos publicaranse no taboleiro exterior do colexio o día 14 de novembro A MESA ELECTORAL será constituida inmediatamente antes do comezo das votacións. CANDIDATURAS A ELEXIR : Cada elector fará consta...

Eleccións Consello Escolar 2021

            Como xa se informou dende o centro, este ano hai eleccións ó Consello Escolar no que se renovarán dous postos dos representantes das familias. O pasado día 12 concluíu o prazo para presentar as candidaturas e agora chega o momento de participar no proceso indo a votar o vindeiro 23 de novembro dende as 13:30 ás 17:30 , no edificio das antigas vivendas dos mestres ( Aula de Espera ). Lembrade que podedes votar a nai e o pai, previa identificación co voso DNI. É importante participar nestas eleccións, xa que se escollerán os representantes das familias no Consello Escolar. Coa nova lei de educación, o Consello Escolar deixa de ser un órgano consultivo para volver a ser o órgano reitor do centro no que se toman as decisións máis importantes sobre a educación do alumnado. E as familias temos voz e voto no Consello Escolar a través dos nosos representantes. Entre as súas funcións están: Aprobar e avaliar os diferentes proxectos do centro. Decidir sob...