Eleccións Consello Escolar 2021

            Como xa se informou dende o centro, este ano hai eleccións ó Consello Escolar no que se renovarán dous postos dos representantes das familias. O pasado día 12 concluíu o prazo para presentar as candidaturas e agora chega o momento de participar no proceso indo a votar o vindeiro 23 de novembro dende as 13:30 ás 17:30, no edificio das antigas vivendas dos mestres (Aula de Espera). Lembrade que podedes votar a nai e o pai, previa identificación co voso DNI.
É importante participar nestas eleccións, xa que se escollerán os representantes das familias no Consello Escolar. Coa nova lei de educación, o Consello Escolar deixa de ser un órgano consultivo para volver a ser o órgano reitor do centro no que se toman as decisións máis importantes sobre a educación do alumnado. E as familias temos voz e voto no Consello Escolar a través dos nosos representantes.
Entre as súas funcións están:

  • Aprobar e avaliar os diferentes proxectos do centro.
  • Decidir sobre a admisión do alumnado.
  • Participar na elección da dirección do centro.
  • Promover iniciativas que melloren a convivencia do centro.
  • Garantir a conservación e renovación das instalacións.
  • Selección do material que empregará o alumando.

O Consello Escolar está formado por un total de 15 integrantes:

  • O director, que o preside.
  • A xefa de estudos.
  • Representante do Concello.
  • Representante do persoal de administración e servizos.
  • 5 representantes do profesorado, elixidos polo claustro.
  • 5 representantes das familias, 1 deles proposto pola Anpa Airiña.
  • A secretaria, con voz pero sen voto.

Participando na elección dos representantes das familias garantimos que as nosas opinións se teñan en conta.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024