Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Eleccións Consello Escolar 2021

            Como xa se informou dende o centro, este ano hai eleccións ó Consello Escolar no que se renovarán dous postos dos representantes das familias. O pasado día 12 concluíu o prazo para presentar as candidaturas e agora chega o momento de participar no proceso indo a votar o vindeiro 23 de novembro dende as 13:30 ás 17:30 , no edificio das antigas vivendas dos mestres ( Aula de Espera ). Lembrade que podedes votar a nai e o pai, previa identificación co voso DNI. É importante participar nestas eleccións, xa que se escollerán os representantes das familias no Consello Escolar. Coa nova lei de educación, o Consello Escolar deixa de ser un órgano consultivo para volver a ser o órgano reitor do centro no que se toman as decisións máis importantes sobre a educación do alumnado. E as familias temos voz e voto no Consello Escolar a través dos nosos representantes. Entre as súas funcións están: Aprobar e avaliar os diferentes proxectos do centro. Decidir sobre a admisión do alumnado. Pa