Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2020/21

Restableceuse o prazo de matrícula para o novo alumnado do curso 2020/21. O prazo de presentación das solicitudes será do 11 ó 18 de maio e poderánse entregar no centro en horario de 10h a 13h. Dada a situación na que nos atopamos, deberá vir ao colexio só unha persoa por solicitude. Este prazo é só para novo alumnado, o que xa cursa estudios no centro non precisa facela. Aquí vos deixamos os datos de contacto do colexio: CEIP Padre Feijoo Allariz Estrada de Xunqueira s/n 32660 - Allariz Ourense Teléfono/Fax  988 44 08 25 ceip.padre.feijoo@edu.xunta.es

Información sobre o terceiro trimestre e o final do curso

Dende a dirección do centro veñen de informarnos das instrucións recibidas por parte da Consellería con respecto ás medidas tomadas en referencia ó terceiro trimestre e outros aspectos xerais. Aproveitamos para lembrarvos que podedes consultar co centro calquera dúbida que vos poida xurdir, no teléfono 988 44 08 25 ou no correo eléctrónico ceip.padre.feijoo@edu.xunta.es . A continuación podedes consultar a información recibida: A/A da ANPA Achego un resumo dos aspectos máis salientables das últimas instrucións recibidas por parte da Consellería, no que pode afectar a este centro educativo, e que fan referencia ao desenvolvemento do terceiro trimestre: Aspectos xerais O principal obxectivo será apoiar ao alumnado e ás súas familias promovendo o seu benestar. As recomendacións sanitarias condicionarán todas as actuacións da Administración educativa. O colexio continuará coa atención educativa non presencial ao seu alumnado. Só no caso de que as autorid