Información sobre o terceiro trimestre e o final do curso

Dende a dirección do centro veñen de informarnos das instrucións recibidas por parte da Consellería con respecto ás medidas tomadas en referencia ó terceiro trimestre e outros aspectos xerais. Aproveitamos para lembrarvos que podedes consultar co centro calquera dúbida que vos poida xurdir, no teléfono 988 44 08 25 ou no correo eléctrónico ceip.padre.feijoo@edu.xunta.es.
A continuación podedes consultar a información recibida:


A/A da ANPA
Achego un resumo dos aspectos máis salientables das últimas instrucións recibidas por parte da Consellería, no que pode afectar a este centro educativo, e que fan referencia ao desenvolvemento do terceiro trimestre:

Aspectos xerais
  1. O principal obxectivo será apoiar ao alumnado e ás súas familias promovendo o seu benestar.
  2. As recomendacións sanitarias condicionarán todas as actuacións da Administración educativa.
  3. O colexio continuará coa atención educativa non presencial ao seu alumnado. Só no caso de que as autoridades sanitarias así o indicaran habería atención presencial. Nese caso deberían combinarse as actividades non presenciais e as presenciais.
  4. As actividades lectivas rematarán o 19 de xuño de 2020, tal e como estaba previsto no calendario escolar 2019/2020.
  5. Compre prestar atención na identificación do alumnado desconectado ou non localizable para que non se desvincule da actividade educativa.
  6. Identificar ao alumnado sen conexión dixital e facilitar ás familias a utilización de diferentes tipos de dispositivos ou recursos tecnolóxicos que permitan a atención educativa.
  7. Favorecer a atención ao alumnado con necesidades educativas especiais e ao seu acceso ao currículo mediante as adaptacións que sexan necesarias (instrumentos, tempos, apoios) que garanticen a súa correcta atención e avaliación. Igualmente prestar especial atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Sobre o terceiro trimestre.
  1. Adecuar as programacións didácticas para que as actividades lectivas se centren nas aprendizaxes e competencias imprescindibles.
  2. Respectar o benestar do alumnado non sobrecargando con excesivas tarefas.
  3. Levar a cabo tarefas de recuperación, repaso e reforzo. As aprendizaxes anteriores poden ser ampliadas tendo en conta os obxectivos e competencias máis necesarias que requiran a mínima actuación da mestra ou mestre.
  4. Para o alumnado que non adquiriu as aprendizaxes e competencias imprescindibles durante o 1º e 2º Trimestre disporanse actividades que lle axuden a adquirilas.
  5. A avaliación do alumnado farase en base ao aprendido durante o 1º e 2º Trimestre. Cando as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación da 3ª avaliación se valoren positivamente, serán tidas en conta. A promoción será a norma xeral.
  6. Na 3ª Avaliación o alumnado non levará cualificación numérica. Só haberá cualificación ordinaria (final).
  7. A repetición: está considerada como unha medida excepcional. O número de materias suspensas como criterio único non terá valor. Toda repetición irá acompañada dun plan de recuperación individual.
  8. Informe individual valorativo: as instrucións determinan que o colexio emita por cada alumno e alumna este informe no que se deberán recoller tres aspectos: valoración do traballo realizado, atrasos producidos e plan de recuperación.
  9. Curso 2020-2021: este curso pode precisar de medidas de recuperación. Para unha correcta programación das mesmas terase en conta o resultado da avaliación. Será durante este novo curso cando se organizarán plans de recuperación e adaptación do currículo, así como das actividades educativas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024