Nós, a ANPA
QUE É A
ANPA?
A ANPA é unha asociación de nais e
pais de alumnos, cuxo obxectivo é colaborar co colexio -no noso caso o CEIP
Padre Feijoo de Allariz- para conseguir melloras curso a curso.
Co gallo de acadar este propósito a
ANPA necesita da colaboración das nais e pais dos alumnos que cursan estudos no
colexio, erixíndose como un canal de comunicación entre as nais ou pais e a
comunidade educativa.
RAZÓNS PARA ASOCIARSE A UNHA ANPA
- Porque a responsabilidade de educar ás nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación.
- Porque as iniciativas e peticións dun grupo de famílias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc.
- Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.
- Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA, para defender os interesses de tódalas famílias e non soamente os individuais.
- Porque sendo familias participativas facilitamos que as nosas fillas e fillos sexan persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse do seu propio futuro.
- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vidas das nosas fillas e fillos. PARTICIPAR É UN DEREITO PERO TAMÉN É UN DEBER SOCIAL.
- Porque as ANPAS deben traballar pola integración do Centro na súa contorna.
- Porque para realizar a formación activa das familias é preciso unir esforzos e ideas.
OBXECTIVOS
Este ano a ANPA do CEIP Padre Feijoo
conta cunha nova directiva, un grupo de persoas ilusionadas coa idea de
consolidar as metas alcanzadas pola directiva anterior, e plantexar novos retos
e propostas que axuden a mellorar o colexio en todos os ámbitos. O noso
principal interés é a educación nos nosos fillos e fillas, en colaboración cos
profesores e o equipo directivo do centro, pero sin restarle importancia ás
actividades lúdicas, educativas, deportivas, conciliación familiar e calquera
outra que afecte ás famílias.
Algunhas das nosas prioridades son:
A loita contra o acoso, axudando activamente á creación dun entorno seguro e acolledor, onde o ambiente escolar sexa positivo e seguro, onde as nosas fillas e fillos síntanse valorados, fortalecendo a súa autoestima e benestar.
Realizar visitas periódicas ás instalacións do comedor e da cociña, a fin de valorar o seu funcionamento e mellorar calquera deficiencia.
Colaboración
activa coas famílias que plantexen calquera problemática, e cuxa resolución
estea ao noso alcance. O canal oficial de comunicación coa ANPA a disposición
dos usuários é o correo andapadrefeijoo@gmail.com, indicando os datos persoais, o número
de socio e o tema ou problema do que lle gustaría falar.
Apoiar ás famílias con charlas informativas sobre distintas cuestións que nos axuden a todas e todos cunha crianza respetuosa, amábel e efectiva.
Realización
de talleres lúdicos e educativos que favorezan a transmisión e creación de
valores comunitarios, de igualdade, solidariedade, coidado e respeto á
natureza, etc.
Compromiso firme na búsqueda de solucións satisfactorias a calquer conflicto ou problema que coñezamos.
As socias e socios contarán con importantes descontos en diferentes establecementos.
Por último,
soamente quédanos pedir a máxima colaboración por parte das familias, pois
canto maior sexa a representación de socias e socios, maior forza e impulso
acadaremos.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.