A xunta directiva da ANPA convoca a celebración dunha asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro xoves día 23 de xaneiro ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda, no comedor do colexio Padre Feijoo de Allariz. A asemblea está aberta a tódalas familias que queiran participar e/ou teñan algo que aportar. A orde do día será a seguinte: Benvida ás familias asociadas e reparto dos carnés. Resumo das actividades desenvolvidas no primeiro trimestre do curso. Proposta de integración na Federación Provincial de ANPAs Públicas de Ourense “As Burgas”, e aprobación se é oportuno. Proposta de actividades e definición do programa xeral de actuación, de aquí ó vindeiro curso. Situación do comedor do colexio e proposta de actuacións. Información sobre o Consello Escolar do vindeiro 28 de xaneiro e definición da postura da ANPA nos temas a tratar. Rogos e preguntas.
Unha vez organizadas as actividades en conxunto co profesorado do colexio, xa temos datas pechadas para realizalas. Tódalas actividades desenrolaranse cumprindo as normas hixienico-sanitarias que require a situación na que nos atopamos, co fin de manter o illamento dos grupos estables de convivencia do colexio. As actividades que se van desenrolar no colexio son as seguintes: 1. “Semana da muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas" , dirixida ó alumnado de primaria. Esta actividade consistirá en amosarlles as obras das grandes artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan só ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos. Inclúese unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado. As artistas que se abordarán para o es...
Dende a directiva da ANPA Airiña queremos informar ás familias asociadas da publicación por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021 [1][2]. Este protocolo foi presentado na mesa sectorial convocada o pasado 16 de xullo, á que, a pesar do seu nome, non se convocou a ningunha representación das familias. As organizacións sindicais que asistiron á mesa sectorial reclamaron a retirada do borrador e finalmente abandonaron a reunión, facendo un chamamento á mobilización social contra este protocolo que consideran unha falta de respecto a toda a comunidade educativa. Dende as organizacións sindicais convocáronse cazoladas na sede da Consellería en San Caetano (Santiago de Compostela), unha o pasado día 22 de xullo e outra o vindeiro 28 de xullo ás 11:30 horas. É importante lembrar que as recomendació...
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.