Saúdo da nova xunta directiva
Estimadas familias,
O pasado día 23 de outubro celebrouse a asemblea extraordinaria para a elección da nova directiva da ANPA, que quedou constituída do seguinte xeito:
- Presidente: Sonia Carnero García
- Tesoureira: Mª Ángeles Fernández Bretaña
- Secretario: Aitor Freire Astray
- Vogal: Lorena Mª Barreiros Ríos
Dende a nova xunta directiva queremos comezar por presentarnos e poñer a disposición de tódalas familias do colexio as canles de comunicación das que dispoñemos, e nas que estaremos encantadas de atendervos.
Dispoñemos dun aula no colexio, a que está enfronte da entrada (pola parte do pavillón), na que vos atenderemos tódolos martes de 9:15 a 10:30, e ademais dispoñemos do correo electrónico da ANPA (anpapadrefeijoo@gmail.com).
Tamén contamos coa nosa páxina do Facebook e o blogue, no que iremos publicando tódalas novas que teñamos.
Un cordial saúdo,
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.