Razóns para pertencer á ANPA
Pódese decirse que hai tantas razóns para pertencer a un ANPA como familias asociadas, pero todas teñen uns obxectivos comúns que son os fins da asociación.
Aquí vos deixamos algunhas razóns para ser socio dun ANPA e as vantaxes de pertencer á ANPA Airiña. Se queredes podedes deixarnos as vosas razóns nos comentarios.
Razós asociarse nun ANPA:
- Porque a responsabilidade de educar ós nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación.
- Porque as iniciativas e peticións dun grupo de familias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc.
- Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.
- Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA para defender os intereses de tódalas familias e non os individuais.
- Porque sendo familias participativas facilitamos que os nosos fillos sexan persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse do seu propio futuro.
- Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida das nosas fillas e fillos, participar é un dereito pero tamén un deber social.
- Porque as ANPAS deben traballar pola integración do Centro na súa contorna.
- Porque para realizar a formación activa das familias é preciso unir esforzos e ideas.
E vantaxes de pertencer á ANPA Airiña:
- Descontos nas actividades extraescolares: este ano judo e cociña.
- Desconto dun 10 % nas actividades da academia As Curuxas de Allariz.
- Desconto dun 10 % en material escolar na librería Punto e á Parte de Allariz.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.