O uso de internet e as rede sociais

O vindeiro sábado 30 ás 18 horas rematamos o programa "Allariz con Igualdade" cun obradoiro sobre o "Uso de internet e as redes sociais" no Fogar dos Maiores.
Está dirixido a nais, pais e docentes que queiran coñecer un pouco mellor as posibilidades e riscos do uso da internet e das redes sociais.
O obradoiro terá unha duración aproximada de dúas horas e será de balde ata completar o aforo do local.
A programación do obradoiro será a seguinte:
  • O contexto familiar como primeira rede social.
  • Uso, abuso e adicción ás novas tecnoloxías.
  • Factores de risco, de proteción e  mantedores da adicción.
  • Como se exerce a violencia a través das novas tecnoloxías? 
  • Ferramentas para un uso construtivo das novas tecnoloxías.
  • Posta en común. Xerando un espazo para expresar as necesidades específicas de cada familia.
Esperamos que sexa do voso interese.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024