Día internacional do Cancro Infantil

O vindeiro 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil. A proposta dunha das familias asociadas, a directiva da ANPA Airiña decidiu organizar, en colaboración co CEIP Padre Feijoo, unha actividade de sensibilización sobre o cancro infantil no colexio o venres 12 de febreiro e a favor da Fundación Juegaterapia.

A Fundación Juegaterapia leva dende o 2010 traballando para que as nenas e nenos con cancro pensen só en xogar, procurando facer máis agradable e feliz a súa estancia nos hospitais. Os seus principais proxectos son a humanización dos hospitais, convertendo antigas e grises azoteas en preciosos xardíns para xogar, decorando zonas hospitalarias coma bosques, circos ou guaridas de superheroes, transformando as Unidades de Illamento en Estacións Lunares e as Unidades da Dor en Unidades de Cor, así como a de facerlles chegar videoxogos que lles permiten evadirse do illamento ó que soen estar sometidos.

As nenas e nenos do colexio, en colaboración co profesorado, escribirán unha carta ou farán un debuxo para enviarlle ánimos ás nenas e nenos que están nos hospitais recibindo tratamento contra o cancro. Estas mensaxes serán enviadas á Fundación Juegaterapia e compartidas nas redes sociais. Ademais, as nenas e nenos que queiran facer unha pequena aportación económica poderán levala á clase o venres 12 de febreiro nun sobre pechado. Os cartos recollidos serán entregados, xunto con 300 € aportados pola ANPA, á Fundación Juegaterapia para que poidan seguir desenrolando os seus proxectos.

Tamén se colaborar directamente coa Fundación polos medios que detallan na súa web. A súa campaña máis coñecida é a dos “BabyPelones”, pero tamén se pode facer ingreso na súa conta, doar a través de sms, bizum, etc.

Aquí tedes algúns dos seus vídeos, nos que presentan a fundación e explican algúns dos seus proxectos:

La quimio jugando se pasa volando 


 

BabyPelones de Juegaterapia 


 

La alegría también cura 

Publicacións populares deste blog

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Comunicado sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino da Consellería de Educación