Aberto o prazo para novas altas e renovacións - Curso 2021-22
Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo,
A partir de hoxe día 1 de setembro e ata o vindeiro 30 de setembro abrimos o prazo para realizar as novas altas e as renovacións daquelas familias que queiran formar parte da ANPA.
Coma o ano anterior, a cota por familia será de 10€, tanto para novas altas como para renovacións. Recomendamos que o pago se faga por transferencia ou ingreso en conta, aínda que tamén se poderá facer de forma presencial. Os datos bancarios da ANPA son os seguintes:
Por motivos de organización, é importante que o concepto esté correctamente cuberto, en caso de facer o ingreso no caixeiro, por favor enviade copia do xustificante ó whatsapp, ó correo ou ben podedes entregarllo a alguén da directiva.
Para darse de alta e para renovar a condición de familia asociada, temos a disposición das familias un formulario online para facilitar o rexistro. Podedes acceder a el premendo na seguinte ligazón:
Formulario onlineAs
comunicacións coas familias soemos facelas preferentemente por
teléfono, a través do Whatsapp, polo que se queredes estar ó tanto das
novas non esquezades cubrir os vosos números de teléfono. Unha vez
finalizado o prazo para darse de alta, crearemos unha lista de difusión
cos números de teléfono dos asociados, pero lembrade que para recibir as nosas mensaxes deberedes ter grabado na vosa axenda o noso número de teléfono.
Se alguén ten algunha dificultade para asociarse mediante o formulario online, ten á súa disposición un formulario para descargar no apartado de Documentación.
En caso de escoller esta opción, unha vez cuberto e asinado o formulario, podedes enviarnos unha copia ó noso whatsapp ou ó noso enderezo electrónico anpapadrefeijoo@gmail.com. Do mesmo xeito, se tedes dificultades para facer o pago por ingreso ou transferencia, poñédevos en contacto con nós e seguro que atopamos unha solución.
Un cordial saúdo da xunta directiva!!
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.