A ANPA Airiña tamén no WhatsApp

Bo día, dende a directiva da ANPA Airiña queremos informarvos de que a partir de agora imos a empregar o Whatsapp como ferramenta de comunicación directa coas familias asociadas. Por eso, se estás interesad@ en recibir información vía whatsapp da ANPA, só terás que engadir o noso número ós teus contactos.
O noso número é o:
teléfono anpa airiña
Só enviaremos a información máis relevante para as familias como convocatorias de asembleas e os seus resumos, consellos escolares, actividades da ANPA, convocatoria de axudas, avisos de folgas... Tamén o poderedes empregar para facernos chegar as vosas consultas, inquedanzas, queixas e felicitacións, xa que entendemos que para moit@s pode ser máis sinxelo que outras vías dispoñibles. De todos modos, a información xeral seguiremos publicándoa como ata o de agora vía Facebook, blogue e taboleiro do cole. Esperamos que sexa do voso interese, un saúdo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Comunicado sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino da Consellería de Educación