Obradoiro para as familias "Somos un mundo!"

Para rematar o programa Allariz con Igualdade, organizamos coa colaboración do Concello de Allariz o obradoiro para familias "Somos un mundo! a diversidade e a comunicación como aliadas para a convivencia e o manexo dos conflictos", facilitado por Beatriz Pirês Fernández. 

Trátase dun obradoiro teórico e práctico co fin de acadar os seguintes obxectivos: facilitar un espazo para a reflexión sobre a diversidade presente nas persoas, achegar algunha ferramenta comunicativa para manexar os conflitos, promover un espazo para pensar sobre o conflito e a nosa relación co mesmo e achegar nocións que facilitan a comprensión das diferenzas como valor para a posta en práctica da igualdade.

Será o vindeiro 26 de novembro no Fogar dos Maiores, de 18h a 20h. A entrada será gratuita pero, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o aforo estará limitado e soamente se poderá asistir reservando praza no número de teléfono 988 554 059.


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Comunicado sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino da Consellería de Educación