Comeza a Semana da muller na ciencia

Esta semana comeza a semana da muller na ciencia no CEIP Padre Feijoo. As nenas e nenos de Infantil e Primaria descubrirán a ciencia da man de As Curuxas, aula das ciencias  e coñecerán o papel da muller na ciencia.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Descubrir o papel da muller na sociedade e en particular na ciencia.
  • Eliminar prexuízos entorno ó xénero.
  • Dar referentes femininos de mulleres científicas ás nenas.

As actividades vanse desenvolver nas instalacións do colexio, e están dirixidas a todo o alumnado agás o primeiro curso de infantil. As actividades foron deseñadas especificamente para cada un dos niveis educativos do colexio.

As actividades desenrolaranse durante os días 12,13, 16, 17, 18, 19 e 20 de novembro.

Esperamos que esta actividade axude a lograr unha maior participación das nenas na ciencia, dándolles referentes de mulleres científicas. 👩‍⚕️👩‍🔬🧬🦠🧫🧪

 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024