Comezo da Semana da muller no arte

Mañá comezan as actividades do programa #Allariz con #Igualdade coa Semana da #muller no arte: Xogando a pequenas grandes artistas, impartida por Fatiropina Teopía.

A actividade vai dirixida a tólodos cursos de primaria e realizarase dende mañá día 20 ata o vindeiro 30 de outubro, e consiste amosarlles as obras das Grandes Artistas e as técnicas que utilizaban dende unha perspectiva de xogo libre pero organizado, no que o alumnado non se ve obrigado a conseguir un reto se non que tan solo ten que deixarse levar pola experiencia e os seus sentidos.

Coñecerán as seguintes artistas: Remedios Varo, Georgia O’Keeffe, Maruja Mallo e Menchu Lamas, así coma as súas técnicas. Tamén se inclúe unha breve introdución teórica do contexto histórico e algunha característica da súa personalidade en función da curiosidade do alumnado.



 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Comunicado sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino da Consellería de Educación