Asemblea Ordinaria
Debido á situación actual de emerxencia vémonos na obriga de pospoñer esta Asemblea ata o día 6 de maio á mesma hora (18h)
Seguiremos informando se hai novidades.
Desculpade as molestias ocasionadas!
CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA “AIRIÑA” DO COLEXIO PADRE FEIJOO DE ALLARIZ
A xunta directiva da ANPA convoca a celebración dunha asemblea xeral ordinaria para o vindeiro martes día 29 de abril ás 18h en primeira convocatoria e ás 18h30 en segunda, ata as 19h30, no comedor do colexio Padre Feijoo de Allariz.
A asemblea está aberta a tódalas familias que queiran participar e/ou teñan algo que aportar.
A orde do día será a seguinte:
1- Aprobación, se procede, da acta da anterior asemblea.
2- Informacións ás familias.
3- Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios anteriores.
4- Proposta e aprobación, se procede, do plan de actividades para o curso.
5- Rogos e preguntas.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.