Aberto o prazo para novas altas e renovacións de asociad@s da ANPA

Estimadas familias do CEIP Padre Feijoo,

A partir de hoxe día 2 de setembro e ata o vindeiro 30 de setembro abrimos o prazo para novas altas e renovacións de familias asociadas á ANPA.

Coma o ano anterior, a cota por familia será de 10€, tanto para novas altas como para renovacións. Dada a situación na que nos atopamos, recomendámosvos que fagades o pago por transferencia ou ingreso en conta.

Este ano para darse de alta e para renovar a condición de familia asociada, puxemos a disposición das familias un formulario online para facilitar o rexistro. Podedes acceder a el premendo na seguinte ligazón:

Formulario online

As comunicacións coas familias soemos facelas preferentemente por teléfono, a través do Whatsapp, polo que se queredes estar ó tanto das novas non esquezades cubrir os vosos números de teléfono. Unha vez finalizado o prazo para darse de alta, crearemos unha lista de difusión cos números de teléfono dos asociados, pero lembrade que para recibir as nosas mensaxes deberedes ter grabado na vosa axenda o noso número de teléfono.

Se alguén ten algunha dificultade para asociarse mediante o formulario online, ten á súa disposición un formulario para descargar no apartado de Documentación.

En caso de escoller esta opción, unha vez cuberto e asinado o formulario, podedes enviarnos unha copia ó noso whatsapp ou o noso enderezo electrónico anpapadrefeijoo@gmail.com. Do mesmo xeito, se tedes dificultades para facer o pago por ingreso ou transferencia, poñédevos en contacto con nós e seguro que atopamos unha solución.

Un cordial saúdo da xunta directiva!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria

Comezo actividades do programa Allariz con Igualdade II

Comunicado sobre o Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de Ensino da Consellería de Educación