Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

Medievándalos

Imaxe
 Esta tarde tivemos a ocasión de poder levar a cabo un teatro medieval na Casa da Cultura de Allariz.  Dende a directiva, queremos agradecer profundamente ó Concello de Allariz pola boa vontade e facilitarnos as cousas dende o primeiro día.  Un cheo impresionante!!!  Moitas grazas ós nosos socios, sen vós esto xamais sería posible , e por suposto á xente non socia que veu participar neste día tan especial para todos nós.  Esperamos que esta sexa a primeira de moitas xuntanzas ó longo do curso.  Recordámosvos que se alguén se anima a facerse socio, pode facelo no seguinte enlace  e pagar a taxa de socio na conta que está ó final do formulario.  Vémonos o xoves no obradoiro de Nadal, esta vez no comedor do cole! 😀

OBRADOIRO DE NADAL

Imaxe
Hola Familias!!!  Temos novo obradoiro para rematar con forza ó ano 2024! Anotádevos! 

25N

Imaxe
O próximo 30 de Novembro , co motivo do 25N , haberá na casa da cultura de Allariz un espectáculo de teatro, dirixido especialmente a nenos de tódalas idades, e sobre todo ás nosas familias socias. Trátase da obra A Cabaleira , pensada para nenas e nenos de 6 a 12 anos (pero apta para tódalas idades). Valentina é unha princesa, destinada a ser a próxima Raíña. Pero para iso terá que buscar un cabaleiro que sexa Rei... ou non? Non pode ela gobernar e guerrear igual que un home? Que aventuras terá que correr para que todos saiban que ela é a mellor raíña posible? Podédesvos inscribir no noso whatsapp, no correo electrónico da anpa (anpapadrefeijoo@gmail.com). ¡¡E recordade, para vós, os socios, é completamente gratuito presentando o voso carné!!