Ágatha e as caixas do Saber -- Cancelada por folga de profesorado
Estimadas familias! Este ano temos varias novas que vos iremos contando pouquiño a pouco, e queremos comezar o curso con moita forza, así que o próximo 25 de setembro os nenos e nenas de 5º de primaria terán unha contacontos moi molona falando de igualdade e visibilización de todas as mulleres que son un referente. Un obradoiro gratuito para os nenos e nenas de 5º, organizado pola Anpa Airiña Esta actividade está financiada a través das axudas concedidas á nosa Anpa, pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade cos fondos finalistas do Pacto do Estado contra a Violencia de Xénero. Nota informativa: esta actividade queda cancelada o día 25 de setembro por folga xeral do profesorado. Volveremos a retomala o antes posible. Desculpade as molestias!