Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2025

Apalpador 2025

Imaxe
Onte o Apalpador baixou de O Courel para visitar todo o cole do C.P. Padre Feijóo, despois de recibir unha carta de  @anpa_airina_allariz  convidándoo a baixar ao colexio 💌 Viña con tanto frío que tivemos que abrazalo para que entrase en calor 🤍❄️ O burriño non puido baixar, estaba coxo. Quedou tan contento que xa prometeu volver o ano que vén 😊 Grazas, Apalpador… volve á montaña ⛰️💫

Asemblea Extraordinaria

 CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA A xunta directiva da ANPA convoca a celebración dunha asemblea xeral extraordinaria para o vindeiro martes día 16 de decembro ás 16:30h en primeira convocatoria e ás 16h40 en segunda, ata as 18h30, no Fogar dos Maiores. A asemblea está aberta a tódalas familias sexan ou non socios da ANPA que queiran participar e/ou teñan algo que aportar. O punto a tratar é: - Conflictos entre alumnos e alumnas do centro. - Rogos e preguntas Contamos con serviz o de canguraxe gratuito para todos os participantes da asamblea en Pocholiños Park (Camiño do Piñeiro, 9) de 16:30 a 18:30.

Obradoiro de Nadal

Imaxe
 Xa está aquí a edición 2025 do noso obradoiro de Nadal!!!  Este ano contamos ca visita do apalpador, non volo perdades 😋 Pincha neste enlace