Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2020

A ANPA Airiña tamén no WhatsApp

Imaxe
Bo día, dende a directiva da ANPA Airiña queremos informarvos de que a partir de agora imos a empregar o Whatsapp como ferramenta de comunicación directa coas familias asociadas. Por eso, se estás interesad@ en recibir información vía whatsapp da ANPA, só terás que engadir o noso número ós teus contactos . O noso número é o: Só enviaremos a información máis relevante para as familias como convocatorias de asembleas e os seus resumos, consellos escolares, actividades da ANPA, convocatoria de axudas, avisos de folgas... Tamén o poderedes empregar para facernos chegar as vosas consultas, inquedanzas, queixas e felicitacións, xa que entendemos que para moit@s pode ser máis sinxelo que outras vías dispoñibles. De todos modos, a información xeral seguiremos publicándoa como ata o de agora vía Facebook, blogue e taboleiro do cole. Esperamos que sexa do voso interese, un saúdo!

Actividades destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres

O pasado día 4 de febreiro publicouse no DOGA a resolución que rexe as axudas económicas ás ANPAS destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e a prevención e loita contra a violencia cara as mulleres. Podedes consultar o texto completo da resolución neste enlace . Con esta resolución concédense subvencións de ata 4000 € para a realización de programas de actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás ANPAS e á comunidade educativa. Dende a directiva da ANPA queremos que as familias interesadas participen e propoñan actividades que poidan ser subvencionables e sexan de interese para tod@s. Por eso abrimos un prazo ata o vindeiro 21 de febreiro para quen teña algunha idea nola envíe para incluila xunto coas propostas pola directiva. A modo de resumo, e tal como se recolle no texto da resolución, poderán