Asemblea Ordinaria
Debido á situación actual de emerxencia vémonos na obriga de pospoñer esta Asemblea ata o día 6 de maio á mesma hora (18h) Seguiremos informando se hai novidades. Desculpade as molestias ocasionadas! CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA “AIRIÑA” DO COLEXIO PADRE FEIJOO DE ALLARIZ A xunta directiva da ANPA convoca a celebración dunha asemblea xeral ordinaria para o vindeiro martes día 29 de abril ás 18h en primeira convocatoria e ás 18h30 en segunda , ata as 19h30, no comedor do colexio Padre Feijoo de Allariz. A asemblea está aberta a tódalas familias que queiran participar e/ou teñan algo que aportar. A orde do día será a seguinte: 1- Aprobación, se procede, da acta da anterior asemblea. 2- Informacións ás familias. 3- Presentación e aprobación, se procede, das contas dos exercicios anteriores. 4- Proposta e aprobación, se procede, do plan de actividades para o curso. 5- Rogos e preguntas.