Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2019

Nova directiva da ANPA

O pasado día 23 celebrouse a asemblea extraordinaria para a elección da nova directiva da ANPA. Unicamente se presentou unha candidatura que foi elixida para continuar coa actividade da asociación. Dende a nova ANPA queremos agradecer o traballo realizado á anterior directiva e animalos, xunto co resto de nais e pais de alumnos do CEIP Padre Feijóo, a participar e formar parte da ANPA. Comezamos unha nova etapa chea de proxectos que proximamente vos iremos contando. Non olvidedes suscribirvos ó noso blogue ou seguirnos no noso Facebook  para estar ó día das novas. Un saúdo!

Convocatoria Asemblea Extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva

A Xunta Directiva da ANPA “Airiña” convoca unha asemblea extraordinaria para tódal@s familias do centro que queiran asistir, o vindeiro mércores 23 de outubro no comedor do colexio de primaria do CEIP Padre Feijoo . O horario da asemblea será ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria . O único punto da orde do día será:  1. Elección da nova Xunta Directiva. Tal e como recollen os estatutos no seu art. 13.4 "a xunta directiva deberá estar integrada como mínimo por tres persoas que exercerán as funcións de presidenta/e, secretaria/o e tesoureira/o". Polo cal as candidaturas que se presenten terán que garantir ese mínimo e levarán asignado o cargo ao que se presentan. As candidaturas poderán presentarse ata o mesmo día da votación, no período que se habilite para tal efecto durante a asemblea, ben por escrito ou mediante o seguinte formulario. Dende a ANPA animámosvos a participar neste proceso. Para calquera dúbida podedes co