Convocatoria Asemblea Extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva

A Xunta Directiva da ANPA “Airiña” convoca unha asemblea extraordinaria para tódal@s familias do centro que queiran asistir, o vindeiro mércores 23 de outubro no comedor do colexio de primaria do CEIP Padre Feijoo.
O horario da asemblea será ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria.
O único punto da orde do día será:
 1. Elección da nova Xunta Directiva.
Tal e como recollen os estatutos no seu art. 13.4 "a xunta directiva deberá estar integrada como mínimo por tres persoas que exercerán as funcións de presidenta/e, secretaria/o e tesoureira/o".
Polo cal as candidaturas que se presenten terán que garantir ese mínimo e levarán asignado o cargo ao que se presentan.
As candidaturas poderán presentarse ata o mesmo día da votación, no período que se habilite para tal efecto durante a asemblea, ben por escrito ou mediante o seguinte formulario.
Dende a ANPA animámosvos a participar neste proceso.
Para calquera dúbida podedes contactarnos no noso correo electrónico anpapadrefeijoo@gmail.com.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Nós, a ANPA

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2024