Nova directiva da ANPA

O pasado día 23 celebrouse a asemblea extraordinaria para a elección da nova directiva da ANPA.
Unicamente se presentou unha candidatura que foi elixida para continuar coa actividade da asociación.
Dende a nova ANPA queremos agradecer o traballo realizado á anterior directiva e animalos, xunto co resto de nais e pais de alumnos do CEIP Padre Feijóo, a participar e formar parte da ANPA.
Comezamos unha nova etapa chea de proxectos que proximamente vos iremos contando.
Non olvidedes suscribirvos ó noso blogue ou seguirnos no noso Facebook para estar ó día das novas.
Un saúdo!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Aberto o prazo de matrícula para o curso 2020/21

Entroido 2025 - actualización

Nós, a ANPA