Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2020

Actividade informativa do programa: ALLARIZ CON IGUALDADE

O programa ALLARIZ CON IGUALDADE é un programa deseñado pola ANPA Airiña do CEIP Padre Feijoo de Allariz para realizar durante o ano 2020, e que se desenrolou gracias ó financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia . Organizamos diversas actividades de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ó alumnado de CEIP Padre Feijoo e as súas familias, prestando especial atención á formación e participación das familias como instrumento de acción coeducativa, e buscando a implicación activa da comunidade educativa converténdoa en axente de cambio que promova a igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero e a erradicación dos estereotipos. Dende a directiva da ANPA Airiña planificamos as actividades en colaboración co profesorado do centro e coa Área de Igualdade do Concello de Allariz co fin de acadar os seguintes obxectivos: Promover a igualdade

En Negro Contra as Violencias

Imaxe
  Dende a directiva da ANPA Airiña decidimos unirnos un ano máis á campaña En Negro Contra As Violencias . A continuación reproducimos o Manifesto desta 6º edición. Manifesto 25 de novembro de 2020 Este ano vai quedar marcado para a nosa memoria como o ano da COVID-19, pero, sen dúbida, tamén por moitas mulleres será recordado como o ano no que tivemos que facer un esforzo adicional, exercendo, aínda que non o foramos, de ensinantes, psicólogas, coidadoras…. Este aumento na carga de coidados, unido á interrupción das redes sociais próximas, creou unha maior situación de tensión no fogar, o que elevou a posibilidade de aumento de risco das violencias. A Organización Mundial da Saúde (OMS) amosou así a súa preocupación polo incremento global da violencia de xénero e intrafamiliar durante esta crise sanitaria e instou os países para adoptar medidas urxentes de prevención e asistencia ás vítimas, e en particular ás que sofren violencia por parte da súa parella, como un servizo esencial den

Obradoiro para as familias "Somos un mundo!"

Imaxe
Para rematar o programa Allariz con Igualdade, organizamos coa colaboración do Concello de Allariz o obradoiro para familias " Somos un mundo! a diversidade e a comunicación como aliadas para a convivencia e o manexo dos conflictos ", facilitado por Beatriz Pirês Fernández.  Trátase dun obradoiro teórico e práctico co fin de acadar os seguintes obxectivos: facilitar un espazo para a reflexión sobre a diversidade presente nas persoas, achegar algunha ferramenta comunicativa para manexar os conflitos, promover un espazo para pensar sobre o conflito e a nosa relación co mesmo e achegar nocións que facilitan a comprensión das diferenzas como valor para a posta en práctica da igualdade. Será o vindeiro 26 de novembro no Fogar dos Maiores, de 18h a 20h. A entrada será gratuita pero, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o aforo estará limitado e soamente se poderá asistir reservando praza no número de teléfono 988 554 059.