Creactivity - Obradoiro itinerante en Allariz
Estimadas familias!
Informámosvos que os próximos días 24 e 25 de febreiro de 2025 o espazo itinerante Creactivity, deseñado por Fundación «la Caixa», visitará ALLARIZ e queremos convidarvos a participar.
A Fundación «la Caixa», a través do seu programa EduCaixa, ofrece á comunidade educativa recursos, actividades e programas educativos dirixidos ao alumnado e profesorado de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos de grao medio, coa finalidade de promover o desenvolvemento competencial dos máis novos.
Creactivity é unha das actividades que se impulsan desde EduCaixa, e está dirixida a grupos escolares de 1.º a 6.º de primaria e 1.º e 2.º ciclo de educación secundaria. Un facilitador acompaña os alumnos a través dun proceso de creación, en sesións gratuítas de 60 minutos por clase (25 alumnos aprox.).
Que ofrece?
A través dun contexto innovador de aprendizaxe inspirada no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.
O espazo permite investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis.
Os alumnos traballarán competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico.
Onde se realiza?
O espazo itinerante Creactivity estará situado CAMPO DA BARREIRA
Para concertar visitas e reservar datas ou realizar calquera consulta, podes chamar ao teléfono gratuíto 900 101 493, no que poderás reservar ou informarte.
Comentarios
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario, en breve aparecerá publicado no blogue.