Razóns para formar parte da ANPA

 



RAZÓNS E VANTAXES DE PERTENECER A ANPA AIRIÑA

Pódese decirse que hai tantas razóns para pertencer a un ANPA como familias asociadas, pero todas teñen uns obxectivos comúns que coinciden cos fins da asociación.

Aquí vos deixamos algunhas razóns para asociarse á ANPA e as vantaxes de pertencer á ANPA Airiña. Se queredes, podedes deixarnos as vosas razóns nos comentarios.

Razóns para asociarse a unha ANPA:

  • Porque a responsabilidade de educar ás nosas fillas e fillos é nosa e debemos implicarnos na súa educación.
  • Porque as iniciativas e peticións dun grupo de familias organizadas son vistas con maior respeto polas administracións públicas, o profesorado, a sociedade, etc.
  • Porque hai un marco legal que ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.
  • Pola importancia de levar ós consellos escolares a presencia das familias, organizadas nunha ANPA para defender os intereses de tódalas familias e non os individuais.
  • Porque sendo familias participativas facilitamos que as nosas fillas e fillos sexan persoas implicadas nunha sociedade onde poidan expresarse, participar e corresponsabilizarse do seu propio futuro.
  • Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida das nosas fillas e fillos, participar é un dereito pero tamén un deber social.
  • Porque as ANPAS deben traballar pola integración do Centro na súa contorna.
  • Porque para realizar a formación activa das familias é preciso unir esforzos e ideas.

Vantaxes de pertencer á ANPA Airiña:

  • Academia As Curuxas en Allariz : 10% de desconto en cotas e campamentos.
  • Academia Exacto en Allariz : 5% de desconto na matrícula todo o ano e 15% para grupos de polo menos 5 nen@s de idades similares (máximo 3 anos) e para a mesma actividade.
  • Librería Punto e á parte en Allariz : 10% de desconto en material escolar.
  • Diver Café Coxegas (CÓXEGAS LIMISI - Cafetería en Ginzo de Limia (negocio.site)) en Xinzo de Limia :  agasallase con un bono de 4 horas de xogo libre gratuitas pola celebración no seu negocio de algún aniversario.
  • Descontos nalgunhas actividades extraescolares do cole, na matricula e no material.
  • Descontos especiais en NENOOS | Facebook 
 Tedes toda a información para asociarvos nesta ligazón.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

FESTA FIN DE CURSO ANPA AIRIÑA (JUNIO 2023)

Socios do ANPA AIRIÑA Curso 22/23